25/03/2020
Bos días familias e nen@s
Espero e desexo que esteades tod@s ben de saúde e co ánimo alto para afrontar esta situación que esperemos que pase axiña, por iso non debemos perder a esperanza e o sorriso polo ben de tod@s.
Xa comezamos a 2ª semana na casa, e xa anunciaron que se vai prolongar dúas semanas mais, a última semana serán xa as vacacións de Semana Santa.
Quero que saibades que as actividades e fichas que propoño son voluntarias, son unhas suxerencias para non perder a rutina do colexio, pois pode que moitos de vos non teñades impresora na casa, se é asi, pódenvos servir de orientación para facelas vos.
ACTIVIDADES:
-
Os Alimentos: buscade nun catálogo do super ou calquera outra revista froitas, verduras, pan, carne, peixe etc e clasificádeo según onde se venda: froitería, carnicería, etc. (ver arquivo adxunto: tendas).
-
Poñer o nome dos alimentos e contade o número de letras que ten cada palabra.
-
Adiviñas:le as adiviñas e escribe a solución e fai un debuxo (Ver arquivo adxunto: Adiviñas)
-
Traballamos a /Z/. A letra z acompaña á letra a , o, u (za, zo, zu) e a c á letra e, i (ce, ci).
CONTO:
FICHAS:ver arquivo
En días sucesivos poñerei máis actividades.
Un bico a “La clase de la Sonrisa” e a súas familias.
Non deixemos que o virus nos borre o sorriso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
letra z1.pdf | 201.98 KB |
adiviñas.pdf | 20.71 KB |
tendas.pdf | 106.75 KB |