Fin de curso. Axudas de libros e novas matriculacións
Axenda fin de curso
Xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coa circular para as familias na que se detalla a axenda de fin de curso.
Matriculación de alumnado novo
Tal e como se contempla na lexislación vixente, o prazo de matrícula para o vindeiro curso é do 20 ao 30 de xuño do presente ano. Xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coa documentación e as instrucións relativas a este proceso.
Axudas aos libros de texto
Estando aberto o prazo para solicitar as axudas aos libros de texto para o vindeiro curso escolar, xúntase neste anuncio o enlace ao documento (en formato PDF) coas instrucións básicas sobre estas axudas.
Nova unidade de educación infantil e xornada de portas abertas
Segundo resolución da Comisión de Escolarización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e OU da Coruña do 4 de xuño, neste centro habilítase unha nova aula de educación infantil de 3 anos para o vindeiro curso escolar 2012/2013. Como consecuencia, as solicitudes de inscrición no centro para este curso de educación infantil inicialmente rexeitadas xunto con outras de centros veciños, pasan a ser readmitidas polo que se confecciona unha nova lista de alumnado admitido para o vindeiro curso escolar que será publicada nos vindeiros días.
Asemade estase a comunicar telefónicamente ás familias do alumnado de nova incorporación ao centro que o vindeiro martes 19 de xuño ás 4 da tarde terá lugar nas instalacións do centro unha xornada de portas abertas nas que se explicará con detalle os diversos aspectos organizativos do centro, das súas actividades, e da tramitación de diversos procedementos abertos.
Listaxe dos novos libros de texto
Tanto no taboleiro de anuncios do centro no que se atopan expostos, como nesta nota, xúntanse as relacións de libros de texto para o vindeiro curso.
Nota importante!
Detectado un erro na relación de libros de texto antes indicada, pasamos a indicar a súa corrección:
- Educación Infantil de 5 anos. "Cartilla de Lectura Nº 2" o ISBN ten un erro de xeito que no canto de rematar en 45, debe rematar en 54, quedando así en "978842948054-2 Castelá".