MACUF
MACUF
O mércores 2 de marzo, a clase de 2º de Educación Primaria visitou o MACUF.
Neste museo vimos a exposición "Frecuencias" de Eugènia Balcells.
A visita foi dirixida por Carmen, que nos explicou que á autora Eugènia Balcells lle gustaba traballar coas cores do arco da vella.
Na primeira sala vimos unha proxección de códigos de barras de cores, que representan ós distintos elementos da natureza.
Na segunda sala vimos unha pantalla especial, que xiraba e na que se proxectaban imaxes en bandas que se desplazaban.
Na terceira vimos a proxección dun laberinto vexetal sobre outra pantalla especial.
Despois participamos nun obradoiro no que, coas fotos da nosa roupa, compuxemos un Sistema Solar, no que cada unha das pequenas pezas forman parte de algo moito máis grande, igual ca nos, que entre todos formamos unha clase.