ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022
A partir do día 1 de marzo poderase recoller na Conserxería o Impreso da Solicitude de Admisión do Alumnado(arquivo adxunto) para o próximo Curso 2021- 2022.
O prazo de presentación de ditas Solicitudes abranguerá do día 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos; na Secretaría, no horario de 9:10 h a 10:00h.
1-22 de marzo
- Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II (ED550B), acompañadas do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a, convenio regulador ou resolución xudicial, se fose o caso (Arts.14º.1, 15º e 16º) e empadronamento ou documentación acreditativa de lugar de residencia.
- Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. (Artigo 14º.6). Na mesma solicitude indicará se desexa ou non utilizar o comedor(Disposic. Adic. 2ª)
- Esta solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar de forma presencial ou a través da aplicación “admisionalumnado” (Artigo 14º.5).
- Se os pais optan a unha praza para alumnado con NEE ou NEAE deberán manifestalo e achegarán a documentación pertinente. (Art. 37º.1 e 2)
A formalización da Matrícula será no mes de xuño, avisarase con antelación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso solicitude admisión.pdf | 2.21 MB |