Skip to Content

Curso 22-23

Día de Rosalía

nena no día de rosalia

O pasado Día 23 celebramos o Día de Rosalía, pero por mor do mal tempo, aprazamos o baile para o seguinte luns. Ese día o tempo acompañounos e puidemos celebrar o día da nosa escritora cun baile coral de todo o centro preparado na aula de Música. Se o queredes ver podedes ir ao noso Instagram.  

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ceipsalgadotorres (@ceipsalgadotorres)

Entroido 2023

nenos infantil prehistoria

O venres previo as vacacións de Entroido celebramos un desfile onde íamos representado as diferentes épocas da Historia e as persoas que realizaron descubrimentos e inventos que aínda están vixentes na actualidade. Foi o remate dunha semana na que o Meco foi dicindo os diferentes Mandadiños que tiñamos que ir cumplindo. Tedes o vídeo completo na nosa conta de Instagram logo instagram

nenos  medieval desfile

Contacontos 1º "Vampiro Ramiro"

contacontos na biblioteca

A volta de Entroido, as nenas e nenos de 1º recibiron na Biblioteca a Pittaluga-Miranda. Viñeron a contarnos o conto "O Vampiro Ramiro" un contacontos xenial para reflexionar sobre a convivencia e o valor da lectura.

O contacontos era unha mestura de narración oral, cancións e coreografías. Finalizaron o contacontos cun obradoiro de ilustración no que o pasaron moi ben. 

nenas e nenos pintando a Ramiro o vampiro

Día Internacional da Lingua Materna

abrelatas

Para celebrar este 21 de febreiro o Día da Lingua Materna, o alumnado do centro participou na búsqueda de información sobre os inventos e inventores galegos e galegas. Descubrimos dende o abrelatas ata o primeiro libro electrónico de Ángela Ruiz. Tamén outros tan divertidos coma o futbolín e o tobogán inoxidable.

ilustración primeiro libro electrónico

 Podedes ver máis información na nosa conta de Instagram logo instagram

Visita á Biblioteca do Forum Metropolitano

bibliotecarios explicando

As rapazas e rapaces de 4º A visitaron a Biblioteca do Fórum Metropolitano, onde recibiron unha charla levada polos bibliotecarios sobre banda deseñada. Coñeceron os elementos básicos da banda deseñada e o estilo tan particular que ten para amosarnos diferentes mundos. Realizaron unha actividade sobre banda deseñada e levaron cadanseu libro por 30 días.

nenos e nenas realizando actividade

Visita 6º de Infantil aos bombeiros da Coruña

 

bombeiros explicando camión

 

As nenas e nenos de 6º de Infantil visitaron  o venres 3 de febreiro aos bombeiros da Coruña na súa base. Alí explicaron como estaba organizada a base, mostraron os diferentes tipos de vehículos que teñen, como se visten e as ferramentas que empregan nas situacións de emerxencia. Tamén realizaron unha demostración cunha mangueira e deron consellos de como facer nunha situación de emerxencia.

bombeiros mostrando camión

Tedes máis información no nóso Instagram. @ceipsalgadotorres  logo instagram

Visita da Asociación Aga-Ucraína

visita Aga Ucrania

Esta semana viñeron visitarnos os voluntarios da asociación Aga-Ucraína e tamén dúas persoas que están a vivir no nóso país na situación de refuxiadas por mor da guerra. Explicaron como funcionaba a asociación e que axudas prestaba. Tamén contamos coa testemuña das vivencias en primeira persoa do conflicto bélico.

Tedes máis información no nóso Instagram. @ceipsalgadotorres  logo instagram

Día da Paz

canción día da paz

O luns 30 de xaneiro celebramos o día da Paz todos as nenas e nenos do centro realizando dúas actividades. A primeira foi a coreografía conxunta que celebramos no patio ao son da canción de Mama Cabra, Baile da Paz . Despois o alumnado maior apadriñou aos máis pequeno do nóso centro, léndolles contos por parellas.

  Tedes máis información no nóso Instagram 

Festival de Nadal

presentadores nadal

Despedimos esta primeira parte do curso e comezamos as Festas do Nadal. Cada nivel preparou unha actuación e rematamos cunha canción realizada con LSE por parte de todo o claustro e persoal do centro. Felices Festas e que teñades un bo ano.

Para máis información podedes visitar a nosa conta de Instagram logo instagram

interpretación dos docentes

Visita a Domus para ver Valentina

As nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. foron ver "Valentina", unha película que vai dunha nena que soña con ser trapecista e cre que por ser Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que o pode conseguir. Se queredes, podedes ver o trailer en galego. 

Distribuir contido


by Dr. Radut