A Consellería ven de publicar a Orde do 12 de maio de 2020 polo que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o curso 2020-21. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes do alumnado. Poderán presentar solicitude o/a proxenitor/a ou representante legal do alumnado matriculado ou que se vaia matricular no curso 2020/21 nos niveis educativos mencionados. Nos arquivos adxuntos atoparase o modelo de solicitude a entregar. Lémbrase que a solicitude é única, independentemente do número de alumnos/as para os que se solicite. O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de xuño.
IMPORTANTE: O alumnado que acceda a 5º e 6º nivel de Educación Primaria só solicitará a axuda correspondente ao material escolar, non así os libros dado que somos centro E-DIXGAL.
Asimesmo, a Consellería tamén ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en Educación Especial. Presentarase unha solicitude única no centro docente onde o alumno/a esté matriculado. Os requisitos para ser beneficiario/a, así como a documentación requerida inclúense nos documentos adxuntos. O prazo de presentación de instancias remata o 19 de xuño.
Lémbrase que as familias con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € poderán acceder ao vale de material escolar (50 €).
Pinchade aquí para tramitar a solicitude en liña.
Documentación: Deberan achegar Orixinais e fotocopias do Libro de familia e da Solicitude ( primeira folla).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Informacion Fondo solidario de libros curso 2020-21.pdf | 247.07 KB |
SOLICITUDE.pdf | 1.63 MB |