Skip to Content

Actividades 5ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES DA 5ª SEMANA DE CORENTENA PARA 2ºA

 14/4/2020

Ola de novo! Hoxe voltamos das vacacións de Semana Santa e quero deixarvos unha tarefa de Sociais. É un repaso do que vimos no 1º trimestre. Lembrádesvos de que había 3 tipos de localidades en función do seu tamaño? Cidades, vilas e aldeas? Pois hoxe déixovos para repasar un libro online, co tema do goberno das localidades, algo que tamén vimos no 1º trimestre e que seguro lembrades.

 Que tedes que facer? 

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai a abrir no tema do goberno das localidades. Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

 Ler con atención, sobre todo, os parágrafos que teñen o título en laranxa e o texto en rosa e vermello, que son: O Concello, os servizos municipais, os funcionarios municipais, os edificios e espazos públicos e o patrimonio da nosa localidade. Ata rematar o tema, na páxina 76.

3º Se queredes, podedes facer algunhas das actividades do libro, ben copiándoas en papel ou ben facéndoas no ordenador ou na tablet. Se as facedes non dubidedes en enviarmas por correo para botarlles unha ollada.

 15/4/2020

Hoxe unha tarefa de Natus. É un repaso do que vimos no 1º trimestre: o corpo humano e as súas partes (o esqueleto, os músculos e as articulacións, e tamén a respiración). Falta o aparello dixestivo, que nós o vimos na clase mais neste libro non aparece... Mais seguro que vos lembrades del: boca, esófago, estómago e intestinos! Pois hoxe déixovos un libro online para repasar este tema.

 Que tedes que facer? 

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai a abrir no tema do corpo humano. Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

 Ler con atención, sobre todo, os parágrafos que teñen o título en laranxa e o texto en verde e vermello. Ata rematar o tema, na páxina 14.

3º Se queredes, podedes facer algunhas das actividades do libro, ben copiándoas en papel ou ben facéndoas no ordenador ou na tablet. Se as facedes non dubidedes en enviarmas por correo para botarlles unha ollada.

 

 

16/4/2020

Hoxe unha manualidade de Plástica: facer unha tartaruga ou sapoconcho (que nome vos gusta máis?) coa súa coiraza. Para iso só ides necesitar:

  • Un folio ou unha cartolina en branco.
  • Un compás ou un obxecto circular mediano (a tapa dun bote de cacao, por exemplo). 
  • Lapis.
  • Tesoiras
  • Ceras de cores e rotus.
  • Tiras de cartolina de cores (se non tedes de cores podedes pintar unha que estea en branco)

 

Tedes que facer o seguinte:

  1. Debuxar no folio en branco o círculo onde vai ir a coiraza do animal, con axuda do obxecto circular ou do compás (lembrade empregar o lapis por se tedes que rectificar algo, e só cando esteades seguros de que está como queredes, darlle co rotulador para repasar). 
  2. Logo, debuxar a cabeza, as patas e a cola do sapoconcho.
  3. Finalmente, recortar tiras de cartolina de cores que sexan algo máis longas que o círculo de lado a lado.
  4. Dobrar unhas pequenas lapelas nos extremos da cartolina e pegalas no círculo, formando arcos que se irán entrecruzando, ata cubrir todo a coiraza da tartaruga.
  5. Darlle cor coas ceras ao resto do animal (cabeza, as patas, a cola...) e ao fondo.

Se non tedes cartolina para as tiras da coiraza, podedes probar a facelas con papel coloreado por vós. 

Non vos esquezades de mandarme unha foto co resultado se queredes que a suba ao apartado de creacións do alumnado do blogue da nosa aula!

 17/4/2020

Bo día! Hoxe quero deixarvos 5 problemas matemáticos que podedes facer en liña, clicando na imaxe, e comprobar no momento se están ben ou hai algún erro, dándolle ao botón da esquina inferior esquerda que pon "Enviar". Se os facedes en liña, podedes mandarme unha captura de pantalla de cada problema por correo. Se non, podedes copialos a man nun folio en tamén mandarmos.

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut