Skip to Content

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES ESCOLARES E EXTRAESCOLARES NOS CENTROS EDUCATIVOS

 
      O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciou en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:
 
      - A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares en TODAS as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns día 16 de marzo. Non obstante, recoméndase que , xa mañá, venres, non se leven aos alumnos e alumnas aos centros, que permanecerán abertos.
 
       - A suspensión inicial prevista é de 14 días.
 
De momento, nin o Portal Educativo, nin a páxina Web da Xunta de Galicia achegan máis información ao respecto, polo que transmitiremos toda a información que se nos vaia achegando.
 
Un saúdo
 
O Equipo directivo.
 
 


page | by Dr. Radut