O Día das Letras Galegas é unha celebración moi especial no que celebramos na véspera do 17 de maio. É unha ocasión para honrar a nosa lingua e a nosa cultura, rendendo homenaxe a unha autora galega destacada.
Este ano, o autor homenaxeado é Luisa Villalta unha muller moi involucrada na cultura galega recoñecida pola súa contribución ao participar en actividades como docente e autora para divulgar a importancia do idioma galego na escrita. Autora lírica e narrativa, destacou por se unha autora na que se podía recoñecer a cidade da Coruña nos seus poemas.
Comezamos a festa coa tradicional muiñeira, unha danza típica galega que nos enche de alegría e enerxía. Os alumnos e alumnas bailaron ao son da música e despois cantamos o himno galego acompañados pola gaita que tocaba en riguroso directo o mestre Miguel.
Ver esta publicación en Instagram