¡Ola a todos! Os nenos e nenas de 5º infantil e 2º de Primaria fixeron cadansua saída para coñecer a Praza de María Pita.
Coñecemos ese espazo e sobre a historia, o Concello, a historia de Mª Pita e a batalla na que foi unha heroína. Primeiro, explicouse por medio dun xogo quen era Mª Pita. Foi unha muller moi valente que loitou para defender a nosa cidade hai moitos anos, no 1589. Despois, visitaron os recunchos máis destacados da praza (a casa "Dente de Outro", o meridiano, a propia estatua). Onda a estátua coñecimos máis a fondo a historia de como ela loitou contra os inimigos e protexeu a cidade. ¡Foi moi valente! Imaxinamos como sería estar alí hai moito tempo, con soldados e canóns.
Visitamos o interior do Concello e aprendimos e puidemos ver como é o lugar onde se toman as decisións máis importantes que nos afectan como cidadáns. Foi moi divertido e aprendemos moito xogando. Esta saída foi moi especial porque aprendemos moito sobre a historia da nosa cidade e pasámolo moi ben.
Ver esta publicación en Instagram