ENTREGA DO PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA

No día de hoxe tivo lugar o acto de entrega do premio Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras https://primaveradasletras.gal/concurso.

A Real Academia Galega premiou os traballos do Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña), do CEIP A Espiñeira-Aldán (Cangas) e do noso centro.

Durante o curso pasado realizamos distintas iniciativas encamiñadas ao coñecemento da figura e da obra da autora nas que todo o centro participou activamente: cómics, programa do Tarabelo nas ondas, actividades de robótica, murais, obradoiros, dípticos sobra a súa vida e obra. Por último celebramos o noso tradicional festival das Letras Galegas nos que fixemos bailes, cancións e obras de teatro. Entre elas unha adaptación de ‘Violino, inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta’, a historia escrita por Ana María Fernández e Xoán Babarro para Primavera das Letras. A primeira representación teatral desta obra fixémola con motivo da presentación da última edición deste espazo dixital da Academia que o noso centro tivo a honra de poñer en marcha.

Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por este recoñecemento.

Proximamente o vídeo do acto. Fai clic na imaxe para ver as fotos do acto.