PRIMAVERA DAS LETRAS: LUÍSA VILLALTA

A Real Academia Galega escolleu á nosa escola  para a presentación da edición deste ano do proxecto Primavera das Letras, a páxina web da RAG para achegar ao público infantil á figura que cada ano protagoniza o Día das Letras Galegas, no 2024 Luísa Villalta. A institución presenta cada edición da man da comunidade educativa dun colexio relacionado dalgún xeito coa personalidade homenaxeada,  foi en Sada onde Luísa Villalta exerceu máis tempo como profesora (no IES Isaac Díaz Pardo).

O acto que estivo conducido pola escritora Fina Casalderrey, contou coa presenza do Presidente da Real Academia Galega, de Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta e representantes do concello de Sada: o seu alcalde, a concelleira de Deporte, Educación e Xuventude e o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística. Todas e todos gozamos coa obra de teatro baseada na vida de Luísa Villalta (creada por Xoán Babarro e Ana María Fernández) que o alumnado de 6º de educación primaria do noso centro interpretou. Tamén contamos cun pequeno recitado poético por parte de alumnado do IES Isaac Díaz Pardo.

PÁXINA WEB DA PRIMAVERA DAS LETRAS DEDICADA A LUÍSA VILLALTA

 

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

 Vídeo do acto