Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA

 A área de Educación Física debe fundamentarse especialmente na adquisición das capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Debe dirixirse cara ao coñecemento progresivo da conduta motriz e cara á asunción de actitudes, de valores e de normas referentes ao corpo e ao movemento.

Pero a Educación Física non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación total que utiliza o dito movemento como axente pedagóxico con diversas funcións: de coñecemento, de organización perceptiva, anatómico-funcional, estético/comunicativa, de relación social, agonística, hixiénica, hedonista, de compensación e catártica.

Especialmente importante é a relación que a Educación Física ten coa saúde. A actividade física ben practicada mellora o benestar e a calidade de vida.

Hoxe en día os estudos de carácter científico que recollen as evidencias sobre os prexuízos do sedentarismo e os beneficios da actividade física son innumerables.

A inactividade física é a cuarta causa de mortalidade por ENFERMIDADES CRÓNICAS NON TRANSMISIBLES (E.C.N.T.) no ámbito mundial.
 
Un importante número de nenos/as e mozos/as galegos menores de 16 anos presenta actividade física insuficiente e exceso de peso.

Temos diante nosa un gran reto que entre todos/as debemos superar...

 

STOP AO SEDENTARISMO! 

No C.E.I.P. Rubiáns estamos moi concienciados coa problemática que supón o sedentarismo por iso como centro educativo desenvolvemos o noso proxecto "Ponte as pilas e móvete!", incluíndo tamén o programa Xogade,no marco do "Plan Proxecta" da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo de fomentar que adquiran unha vida activa e saudable.

 

Podes consultar os obxectivos do noso proxecto no seguinte enlace Ponte as Pilas e Móvete



page | by Dr. Radut