Skip to Content

Comezamos!

Como cada ano o primeiro día de cole ven cargado de nervios e emocions! Risas e alegrías por volver a atoparnos cos compañeir@s e mestr@s, algún que outro choro ( tranquis papás e mamás, non duraron moito).

Este ano o cole converteuse no BOSQUE DE SABELA, por iso durante un tempo fomos esquíos, escaravellos, lagartos.... e demais animais autóctonos. Pasámolo moi ben cuns xogos que nos tiña preparados o profe Breogán.

Os máis pequenos tamén disfrutamos dunha busca do tesouro moi entretida e de xogos moi divertidos.

Este ano empezamos o curso cun sabor moi doce!

FELIZ CURSO!

 

TELEXORNAL 2015

Aquí tedes o noso "TELEXORNAL 2015", no que o alumnado de 6º da boa conta das actividades realizadas durante este curso. 

Que bonito é ....... (ser muller)!!

Hoxe estrea mundial do que vai a ser o novo hit do verán..... "Que bonito é!!"

Nin sequera "O Chiringuito" poderá facerlle sombra ao derroche de creatividade e inxenio amosado polo alumnado e profesorado do centro na realización desta canción. Pronto a escoitaremos en todas as emisoras de radio... xa veremos se non levamos un Grammy!!

A canción é unha actividade máis dentro do Proxecto Documental Integrado "Mulleres na Historia" desenvolvido no centro durante este curso.

Letra e música orixinais compostas polo alumnado e profesorado do centro e a imaxe do fondo, titulada "Mujeres", é unha obra orixinal cedida pola súa autora, a ilustradora Inés Vilpi, a quen lle agradecemos enormemente a súa xenerosidade.

Telexornal 2014

Seguro que estades desexando ver o Telexornal deste ano pero como aínda tedes que agardar ata o 19, que vos parece ir abrindo boca co Telexornal do curso 2013-14? 

Seguro que botades unhas risas lembrando todo o acontecido no cole o curso pasado.

Maios 2015

Un ano máis, no cole traballamos a tradición dos maios. Este ano, ademais fomos cantalos o día 1 de maio á Praza da Peixeiría. 

Fíxémolo moi ben!

Para os que non puidechedes asistir aquí vos deixamos unha grabación das nosas coplas que fixemos na escola, esperamos que vos guste!

  

Contacontos: Ignacio Vilariño

Este curso voltou, despois de dous anos, Ignacio Vilariño a contarnos unha chea de historias.

Pasamos un rato moi divertido, como podedes ver no vídeo, escoitando as historias da tía Lola, o seu burro, Xonás e as baleas, cantando e bailando...

 

Día do libro 2015

Unha das actividades que máis nos gustou do "Día do Libro" deste ano foi o apadriñamento lector.

Escollemos un libro da nosa biblioteca, decidimos un lugar e lémoslles aos máis pequenos.

Gozamos das historias e do pracer de ler todos xuntos!!

 

Charla saúde bucodental

O venres tivemos unha charla moi útil sobre saúde bucodental

A Dra. Zaira e a hixienista Lorena, da Clínica Piñeiro Sande viñeron ao cole a explicarnos unha morea de cousas sobre os nosos dentes e sobre a importancia que ten un bo coidado da boca para evitar problemas e enfermidades.

Aprendemos moitas cousas sobre os dentes, sabiades que os primeiros dentistas foron os barbeiros? ou que o esmalte é a substancia máis dura do corpo humano e só superada na natureza polo diamante?

Amosáronnos como cepillar ben os dentes, sen esquecernos de ningún e de ningunha parte. Lembrade sempre a REGLA DOS 3 (3 veces ao día, 3 minutos) e non esquezades o fío dental!!!

Foi moi divertido comprobar como se lles poñía a boca vermella aos que non lavaran ben os dentes!!!

Moitas grazas pola visita!!

Educación Vial

Esta semana tocounos aprender sobre Seguridade Vial 

De infantil a quinto tivemos a visita de Mino, policía local que, por grupos, foi explicando un montón de cousas moi útiles para a nosa vida cotiá. 

Os de sexto fomos a Fexdega e alí ademais de recibir información moi importante para a nosa formación como cidadáns disfrutamos a tope no circuito cos karts e as bicis. 

Distribuir contido


by Dr. Radut