Skip to Content

Ledicia Costas visita Rubiáns

Dentro do proxecto O Faro da Escola, tivemos a sorte de contar coa visita da escritora Ledicia Costas

Ledicia veu a falar do seu libro "Conexión macarrón" pero ademais falounos de un montón de extraterrestres que nos impresionaron moitisimo.

Contestou a todas as nosas preguntas con moito cariño e dedicounos os nosos exemplares. Pasamos un rato moi agradable con ela!

Graciñas Ledicia por falar para todo o cole!

O sabor da aventura está no mar 2020

Como xa sabedes o noso cole é un cole saudable; dámoslle moita importancia á alimentación e por iso participamos nos Proxecta que oferta a Consellería relacionados con hábitos saudables.

Dentro do programa "Aliméntate ben" hoxe recibimos no cole aos Arroases e a Luís, o mariñeiro; Mariña, a marisqueira e á bióloga para realizar o obradoiro "O sabor da aventura está no mar".

Cos nosos amigos os Arroases fixemos uns xogos moi chulos cos que aprendemos unha morea de cousas sobre alimentación saudable, o coidado do medio ambiente e lembramos os superpoderes que nos aportan.

Muller e nena na ciencia

Un ano máis para conmemoramos o 11 de febreiro, día Internacional da muller e a nena na ciencia.

Nesta ocasión, relacionado co noso PDI, "Sabela cámara e acción" realizamos unha actividade que mestura ciencia e cine.

Buscamos películas que tiveran como protagonistas a científicas, tanto reais como de ficción. Imprimimos os carteis das películas e escribimos un pouco de información de cada unha. Ademais todos os carteis teñen un código QR co que podemos ver o trailer da película (ou un anaquiño onde sae a nosa protagonista)

No están todas as que son pero son todas as que están ;-)

O chef de Rubiáns 2020

Un ano máis, xa se está convertindo en tradición, celebramos unha nova edición dunha das actividades que máis nos gusta, O Chef de Rubiáns.

O alumnado de 6º traballamos co noso chef particular, Richard Santamaría da Malquerida. Aprendeunos un montón de cousas moi interesantes. Probamos a cortar verduras en xuliana, e aínda que no cole sempre nos inculcan a importancia de comer sano, Richard incidiu nos beneficios que aportan os vexetais ao noso organismo. Elaboramos un Ratatouille que a case todos nos resultou delicioso.

Despois, chegou o momento de compartir todas as delicias que achegaron as familias. Menudas cousas máis ricas, había de todo!!

Agradecer a Richard a súa presenza no cole un ano máis e ás familias a súa involucración en todas as actividades que facemos.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia - Fotos

Xornada de portas abertas

Cartel da xornada

O vindeiro martes 11 de febreiro faremos unha xornada de portas abertas na que ofreceremos información ás familias interesadas en coñecer o colexio antes do periodo de matrícula para o curso 2020-21.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MATRÍCULA 2020-2021

DATA: 11 de febreiro de 2020

HORA: 16:00

Día da Paz 2020

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Nesta ocasión recitamos unha poesía que expuxemos nunha mega pancarta colgando da fachada do cole e cantamos a canción "De ellos aprendí" relacionada tamén co noso proxecto anual "Sabela, cámara e acción"

Aproveitamos para estrear as camisetas co debuxo realizado por Kevin, gañador do concurso "Deseña a túa camiseta de igualdade". Quedaron preciosas, non si?

Boas Festas!

A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe de Rubiáns deséxavos unhas moi Felices Festas e todo o mellor para o vindeiro ano.

Sabela felicitando as festas dende un cine

Festival de Nadal 2019: Actuación 6º

Un ano máis despedimos o 1º trimestre co noso popular Festival de Nadal.

A choiva quixo ser tamén protagonista pero non conseguiu amedrentar ao público que un ano máis encheu o centro cultural de Rubiáns.

Aos maiores tócalles facer o popurrí de panxoliñas que tanto nos gusta.

Fíxerono moi ben, non credes?

Festival de Nadal 2019: Actuación 5º

Un ano máis despedimos o 1º trimestre co noso popular Festival de Nadal.

A choiva quixo ser tamén protagonista pero non conseguiu amedrentar ao público que un ano máis encheu o centro cultural de Rubiáns.

O alumnado de 5º representaron a obra de teatro orixinal "Luces de Vigo en acción" do guionista Mateo.

Fíxerono de cine, non credes?

Festival de Nadal 2019: Actuación 4º

Un ano máis despedimos o 1º trimestre co noso popular Festival de Nadal.

A choiva quixo ser tamén protagonista pero non conseguiu amedrentar ao público que un ano máis encheu o centro cultural de Rubiáns.

O alumnado de 4º representou o baile "Hoxe vou ser rei león" da película "O rei león"

Excelente traballo, non credes?

Distribuir contido


by Dr. Radut