Skip to Content

Vai por vós!

Nestes días tan complicados todos os nenos e nenas sodes uns campións cumprindo con todas as normas e quedando na casa para coidar de todos nós e vencer o virus que nos está a dar a lata.

Por iso, e porque sabemos o difícil que é para vós non poder saír á rúa (sobre todo se vivides nun piso) e non ver aos vosos amigos, o noso aplauso para todos vós.

 

XUNTOS PODEMOS CONSEGUILO!

#eu quedo na casa

2ª avaliación

O vindeiro día 3 de abril recibiredes as notas da 2ª avaliación a través do abalarmóbil.

Se tedes algunha dificultade para descargalo poñédevos en contacto connosco a través do teléfono ou do correo electrónico.

As notas reflectiran o traballo realizado e os contidos adquiridos ata a paralización das clases presenciais o venres 13 de marzo.

AbalarMóbil

Estimadas familias:

Moitas de vós xa tedes instalada a aplicación AbalaMóbil no voso móbil. Aos que non a tedes todavía, convidámosvos a que a descarguedes; é moi sinxelo e gratuíta.

AbalarMóbil é unha aplicación moi útil que vos permite ás familias consultar a información dos vosos fillos a través do móbil:

  • acceder aos datos persoais.
  • consultar as cualificacións.
  • consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar os avisos e notificacións por parte do profesorado ou do centro.

Para poder acceder aos datos dos vosos fillos tedes que ter os nº de teléfono actualizados.

Se tedes algunha dúbida podedes chamarnos durante a mañá ou ao teléfono de axuda 881 99 77 01

Para máis información mirade o vídeo ou consultade o documento adxunto.

 

Abalarmóbil na prensa.

Facebook do cole

Xa temos conta de Facebook! A través dela iremos propoñéndovos xogos, vídeos, adiviñas...

Búscanos en https://www.facebook.com/xanela.derubians.1

Presenza do equipo directivo no centro

Segundo a instrución recibida dende a Consellería de Educación, estaremos un membro do equipo directivo no centro de 10:00 a 13:00 horas pero non realizaremos atención presencial, dado que non se pode saír da casa.

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

A igualdade non ten truco!

A igualdade é un dos piares nos que se basa o traballo diario no noso cole. Sempre nos esforzamos por demostrar que todos, independentemente do xénero, podemos facer o que desexemos. Ben sexa no deporte que practicamos, nos xogos aos que xogamos ou nas profesións que elixiremos nun futuro...

No mes de marzo facemos especial fincapé e dedicamoslle varias actividades á visibilización das mulleres.

Nesta ocasión, foi un espectáculo de maxia. Tradicionalmente as mulleres neste tipo de espectáculos desenvolvían o rol de axudantes, pero hoxe comprobamos que tamén as mulleres poden facer máxia!

Ademais de falarnos de igualdade fixeron uns trucos incribles!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Canal Rías Baixas | Un espectáculo de maxia conciencia sobre a igualdade de Xénero no CEIP P de Rubiáns

Faro de Vigo | Los niños de Rubiáns trabajan la igualdad a través de la magia

La Voz de Galicia | Maxia pola igualdade

Entroido 2020

Xa sabedes que en Rubiáns gústanos o Entroido e este ano tivemos un.... de cine!!!

O cole encheuse de personaxes de películas e ata o centro cultural desfilaron uns simpáticos Olaf da película Frozen, que a pesares da calor que ía, resistiron sen derreterse. Ían seguidos duns entusiastas Russel, os velliños Carl e un vistoso paxaro chamado Kevin da película Up. Detrás, unha morea de dálmatas vixiados de cerca por Cruella de Vil, que non lles quitaba ollo, escenificaban 101 Dálmatas. Seguíanos uns ananiños moi simpáticos chamados Munchkins que acompañaban a Dorothy, da película O mago de Oz. Moi de cerca estaban un montón de Charlot, protagonistas de tantas e tantas pelis de cine mudo. Despois ían unha morea de Pedro Picapedra, protagonista indiscutible de Os picapedra, que ían acompañados de Betty e Pebbles. Os máis aparatosos sin duda foron os protagonistas da película Lego, cada quen amosou enxeño e creatividade para crear a súa personaxe. Un grupo moi variado de animais acompañaba ao Dr. Dolittle, parecían un auténtico zoo. E cerrando o desfile ían Os Vingadores, superheroes e superheroínas que coidaba de todos nós. 

Distribuir contido


by Dr. Radut