Skip to Content

Ball and cup game

Hello everyone!

Despois dos traballos tan bonitos que fixechedes sobre o Rainbow fish, Thanks por participar!, a teacher Monica comparte outra actividade moi divertida. Ball and cup game!

Que vos parece?

Non tedes que enviar as fotos pero se vos apetece, probade a facelo.

Agora que podedes saír ....

Agora que podedes saír, deixámosvos uns conselliños para que o fagades moi ben!

 

 

Tamén compartimos este conto tan chulo de Beatriz Costo

Día do libro

Para celebrar este día tan importamte, os mestres e as mestras do cole quixemos facer algo especial. Decidimos achegarnos a vós aínda que fose a través dunha pantalla, contándovos unha fermosa historia que preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

Ademais, no blog da biblioteca, Sabela deixouvos algunhas actividades moi interesantes. Atrevédesvos con elas?

E lembrade que, agora máis que nunca,  a lectura é un gran remedio para o aburrimento.

Rainbow fish

Hello guys!

Monica, a nosa auxiliar de conversa, preparou unha bonita manualidade para todos vós. A rainbow fish!

Queredes velo? Claro que si, pero antes ... porque non vemos un conto coa historia deste bonito peixiño.

Que historia tan bonita, verdade?

Pois agora, imos a ver a actividade que fixo Monica, veredes que chulo!

Wow it´s so cool!

E agora, quen se atreve a facelo??

Espero as vosas versións, a ver se enchemos as redes de Rainbow fish!

Se fas o teu Rainbow fish, sácalle unha foto (podes ser el só ou contigo, como máis che guste) e envía a teacherrubians@gmail.com

Tarefa Semana Santa - Corrixida ;-)

E xa temos aquí todas as películas que enviachedes como tarefa.

Estades todos aprobados... que digo aprobados? Merecedes un César, un Óscar, un Goya... un que sei eu!

Merecedes un forte aplauso por participar e volver facer gala da vosa incrible imaxinación!

Graciñas a todos e todas!

A ver cantas adiviñades antes de que saia a solución!

ENQUISA

Esta enquisa ten como obxectivo obter unha visión o máis obxectiva posible sobre a situación de cada fogar para poder mellorar a resposta educativa do centro durante o tempo que dure o confinamento.

- Só vos levará 5 minutos e seranos de gran axuda.

- É preciso que realicedes unha enquisa por alumno ou alumna.

- Para facela, pinchade no enlace que tedes máis abaixo.

- Ao rematar as preguntas non esquezades pulsar no botón de enviar.

- Ás vosas respostas non serán publicadas en ningún sitio e só terá acceso a elas o profesorado dos vosos fillos e fillas.

Acceso á enquisa

Mensaxe da ANPA

A ANPA quere mandarlle unha mensaxe a toda a comunidade educativa.

Estamos "in love" con este cole!

Graciñas

Quen é quen?

Ola rapaces e rapazas!!!

Xa sabedes que os profes botámosvos moito de menos e mentres non podemos voltar ao cole estamos pensando cousiñas para facer estos días máis levadeiros. Xa sabedes que en Rubiáns..... a cabeza non para!!!!

Propoñémosvos unha actividade moi divertida. Visionade o seguinte vídeo a ver a cantos profes recoñecedes. Logo face clic no enlace que hai debaixo e contestade ás preguntas.

Aos que teñades todas as respostas correctas, ao volver ao cole, estaravos agardando un pequeno agasallo. 

Fíxate ben! Tes todas as vacacións de Semana Santa para completalo.

 

 

Axudas comedor escolar COVID-19

A Consellería de Educación convoca unha liña de axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e FP, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 (Orde do 27 de marzo de 2020).

Poderán beneficiarse da axuda aqueles usuarios de comedor que pagan 0€ ou 1€ polo servizo de comedor con data 31 de xaneiro).

Detállase a información no documento adxunto.

Non dubidedes en facernos chegar as vosas dúbidas por teléfono ou correo electrónico.

 

Pregamos nos fagades chegar os correos electrónicos cos datos solicitados como máximo o mércores 1 de abril para que nos dea tempo de tramitar todas as axudas.

Distribuir contido


by Dr. Radut