Skip to Content

Poñémonos en forma? Reto 1

Dende esta semana iremos propoñéndovos un reto semanal para que xuntos melloremos a nosa saúde. Alternaremos a alimentación coa actividade física.
Publicaranse tamén no Facebook, onde se así o queredes, poderedes subir unha foto do reto superado. Se non tedes Facebook e queredes que a subamos nós podedes enviarnos unha foto do prato, dun sinal... segundo o caso (sen aparecer as caras dos nenos).

O primeiro reto deberá conseguirse ata o venres 29. Convidámosvos a que preparedes e tomedes un almorzo saudable: no canto de tomar unha taza de leite con cacao edulcorado e cereais ou bolaría industrial animádevos a tomar froita, leite con cacao puro (só se precisa un chisquiño), avena... sede creativos, seguro que está boísimo!

Amosádenos as cousas tan ricas que preparades!

Propostas de Nadal en familia

Compartimos unha chea de propostas para gozar deste Nadal en familia.

Esperamos que vos gusten!

Preme na imaxe ou no enlace para descargarlas.

 

Relaxación en familia

Dende o departamento de Orientación do centro compartimos con vós unhas actividades de relaxación que poden ser moi beneficiosas.

Preme na imaxe ou no arquivo adxunto para descargalas.

Entrega de máscaras ao alumnado

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Beneficiarios:

a) Non ten que entregar nada:

Alumnado beneficiario da axuda de material escolar neste curso (vale 50€).

b) Ten que presentar a solicitude:

Alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-21 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  •     Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€
  •     Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  •     Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo: 26 de novembro

Lugar de presentación: Colexio

Distribuir contido


by Dr. Radut