Skip to Content

Día do Libro 2021

O venres 23 de abril visitóunos a escritora Maite Mosconi. Non podiamos conmemorar o día do Libro duha maneira mellor!

Maite contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. Nós, como xa leramos o libro puidemos facerlle preguntas. Ademais tamén lle amosamos as diferentes actividades que fixemos co seu libro, como debuxos, interpretacións propias das lendas....

A autora regalounos un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que nos puidemos  decorar.

Moitas grazas Maite pola túa visita!

No blogue da biblio podedes ver outras actividades que fixemos.

Colaboración con "Furgoneta solidaria"

A Asociación Furgoneta Solidaria formada por enfermeiras galegas desenvolve tarefas de promoción da saúde e a educación no poboado de Gambasse, Guniea Bissau.

O vindeiro mes de maio farán un novo envío de materiais e solicitan toda a axuda posible. Dende o colexio queremos fomentar nos noso alumnado o valor da solidariedade e por iso, aínda que non pasamos polo mellor momento social e económico, imos colaborar con esta campaña.

Ata o xoves 29 deste mes de abril, estableceremos un punto de recollida no centro onde poderedes entegar:

  • Máscaras
  • Medicamentos*
  • Enseres de bebé
  • Roupa de nenos/as ata un ano.
  • Material escolar (agás libros)
  • Mochilas
  • Caldeiros
  • Garrafas
  • Ferramentas
  • Carretillas
  • Bicicletas

*Os medicamentos terán que ser entregados por un adulto, xa que os nenos non poden traer medicacións ao colexio para previr inxestións accidentais.

Podedes ver información sobre a Asociación nos documentos adxuntos e nos seguintes enlaces:

Enfermeria21

La Voz de Galicia

Diario de Pontevedra

 

Reto 11: Legumes!

Xa estamos de volta coas baterías cargadas para afrontar a derradeira etapa deste curso escolar. O primeiro reto deste trimestre volve a estar relacionado coa alimentación saudable.

Nesta ocasión propoñémosvos elaborar diferentes pratos ou cociñar de distinto xeito as legumes: lentellas, alubias, chícharos, garabanzos,... Estes alimentos non só se poden comer en pratos de culler senón que se poden empregar en diferentes opcións: ensaladas, hummus, croquetas, hamburguesas.... Nos enlaces que vos achegamos podedes ver diferentes receitas que vos servirán de axuda.

ENLACES DE INTERESE:
 

Reto 10: Camiño de Santiago

Tranquilidade! Que ninguén se asuste con este reto. Non vos imos mandar a Roncesvalles!

Seguimos camiñando e/ou pedaleando, pero xa que estamos en Ano Santo e Pascua, imos a transformalo en Km do Camiño.

A continuación tedes un enlace de interese onde podedes planificar a distancia ou etapa que queirades percorrer.

Moi boas Pascuas a todos e que padriños e madriñas se porten ben coas roscas.

Ata a volta!!!

Coidádevos e coidémonos!!!

https://www.caminodesantiago.gal/.../ruta-del-mar-de...

8M 2021 - Día da Muller

Cada ano dedicamos o mes a apoderar as mulleres. O 8 de marzo visita o cole unha muller relevante no campo do proxecto anual que estamos a desenvolver.

Este curso, a pesar de non haber visitas, non íamos quedar sen esta actividade. Así que realizamos unha conferencia virtual.

Tivemos a sorte de contar con Marisa Mariñán do Instituto Jane Goodall. (Pioneira e unha das protagonistas do noso proxecto "Mulleres Importantes da Historia" A esta institución pertence Raíces y Brotes, grupos de persoas distribuídas por toda España que limpan as praias e realizan outras accións de concienciación e coidado da natureza.

Marisa contóunos moitas cousas interesantes sobre os plásticos e microplásticos e como acaban convertendo as nosas marabillosas praias en auténticos vertedoiros de lixo.

Tamén nos falou dunha iniciativa moi interesante Movilízate pola Selva! pero eso xa volo contamos noutra entrada.

Ademais nas aulas fixeronse un montón de traballos diferentes para conmemorar esta data. Estade atententos/as que pronto haberá estreas!

Distribuir contido


by Dr. Radut