Skip to Content

Cross na Azucareira de Portas

Un ano máis, os nenos e nenas de Rubiáns demostraron que son uns grandes deportistas correndo o Cross na azucareira de Portas. Noraboa a todos e todas porque hai que ser moi valente para atreverse a percorrer esas grandes distancias e chegar ao final ainda que sexa andando. Estamos moi orgullosos.

 

 

Samaín 24

As cabazas deste ano, ambientadas en Vilagarcía, non podían ser máis espectaculares. Se ata saíron na prensa!!. Temos que felicitar ás familias pola participación e polo derroche de imaxinación. Non faltaron esculturas, miradores, as camelias, o fútbol, a festa da auga, o cementerio inglés, as bateas, o tren, os comelixos, pero se ata viñeron San Roque e Santa Placida!! Moi ben acompañados por certo de Jessica Bouzas e os mozos de Arousa. 

 Para conmemorar o Samaín, primeiro os maiores representaron en inglés a historia dunha velliña que non lle tiña medo a nada. (The little old lady who wasn't afraid of anything). 

Despois o alumnado de infantil representou o seu relato de terror e o de primaria leu os seus. 

Na festa non podía faltar Vilagarcía, así xogamos coas adiviñas monstrosas da escritora vilagarcía, Gloria Sánchez, recentemente nomeada socia de honra da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).

Pasamos unha mañá monstrosamente divertida. 

 
  
 
 
 
 
 
 

Eleccións Consello Escolar

Estimadas familias, 

A partir de hoxe está publicado no taboleiro de anuncios do centro educativo o censo electoral das familias.

Haberá un período de reclamacións ao censo ata o 8 de novembro.

O periodo de presentación de candidaturas para formar parte do vindeiro consello escolar comezará mañá martes, día 30 de outubro, e rematará o 11 de novembro.

Adxunto está o formulario para a presentación de candidaturas, que tamén se pode recolller no centro.

Aprendemos Taekwondo

Recibimos a Marga, David e Miguel do Xinmasio Olimpic para achegarnos ao Taekwondo.

Todos os curso puidemos probar un pouquiño este deporte e pasamos un rato moi divertido recibindo "sopapos" 

Graciñas por visitarnos.  

 
 

Eleccións Consello Escolar

Estimadas familias, 

Este ano hai eleccións para renovar os membros do consello escolar. 

Según indica o calendario publicado na Resolución do 10 de setembro, é preciso constituir a Xunta Electoral previamente. 

Esta Xunta Electoral estará constituida pola directora, 1 representante do profesorado, 1 representante das familias e 1 representante do Persoal de Administración e Servizos.

Para designar tanto ao representante do profesorado como ao das familias, levarase a cabo un sorteo público o vindeiro venres. día 18 ás 12 horas.

 

Festa da bicicleta

O alumnado de 5º e 6º participou no Día da bicicleta, organizada por La Voz de Galicia e coa colaboración do Concello de Vilagarcía. 

Pasámolo moi ben e comprobamos o divertido que é andar en bici pola nosa Vila. Foi un día xenial. 

Moitas grazas a Protección Civil, Policia Local, Rodas e o alumnado do TAFAD por acompañarnos e facernos sentir seguros nesta aventura. 

 
 
REPERCUSIÓN NOS MEDIOS. 
 
 
                           Deporte baile y diversión
 
 
 

Semana Europea do Deporte: Pádel

Celebramos a Semana Europea do Deporte Escolar coa visita de María Varela, adestradora e xogadora internacional de tenis e pádel. Puidemos probar o pádel e animóunos a utilizar as posibilidades que ofrece a Escola Municipal a través da Fundación de Deportes que nos permite practicar esta modalidade deportiva dous días por semana por un módico prezo anual. 

Por se fora pouco, tivemos a sorte de ver unha exhibición que nos ofreceron María e a teacher, compañeiras no equipo feminino do Arousa Pádel co que se proclamaron campionas de Galicia. Para rematar, sumáronse os profes Peque e Borja, que non o fixeron nada mal. 

Grazas, sobre todo a María por amosarnos un novo deporte. Esperámoste máis veces! 

 

 
 
 
 

Inicio curso 24-25

Comezamos un novo curso con moita ilusión!

Este ano Sabela vai coñecer todos os segredos da nosa vila, queredes acompañarnos? Empezamos a aventura coa compañía do marqués García de Caamaño (fundador da Vila) e o Excmo. Sr. Alcalde Alberto Varela, que inauguraron o curso.

 

Despois cos guías de Sabelatis Tour fixemos un roteiro ata chegar ás aulas. Máis tarde realizamos unhas cucañas mariñeiras para dar fin a unha xornada aínda que de incio de curso moi festiva.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

11/09/24 - Diario de Arousa - Una aventura con regreso al futuro: García Caamaño se apunta a la vuelta al cole.

 

 
 

Documentación comedor curso 2024/2025

Informamos que todos os usuarios do comedor escolar deben cubrir e entregar a ficha adxunta. Ademais, aquel alumnado que presente algún tipo de alerxia é preciso que cubra o documento correspondente acompañado do informe médico. 

Pódese entregar por correo electrónico ou presencialmente no centro en horario de 10 a 13:30.

O prazo de entrega da documentación é o vindeiro luns, 9 de setembro. É preciso que toda a documentación estea entregada para poder facer uso do servizo.

Reunión inicio de curso alumnado 4º Educación Infantil

Informamos que o vindeiro xoves, día 5 de setembro ás 11 horas, terá lugar no centro educativo unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de Educación Infantil.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut