Skip to Content

Novas

Publicación LISTAXE DEFINITIVA do Fondo Solidario de Libros de Préstamo e vales para a adquisición de libros de texto e material escolar

Maña, mércores 3 de xullo publicaremos as listas DEFINITIVAS do Fondo Solidario de Préstamo de Libros de Texto dende 3° ata 6° de Educación Primaria. Nesta listas aparece a relación de todos os libros que se prestarán ao comezo de curso a cada alumna/o.
Seguimos entregando os vales para a compra de Libros de texto de 1° e 2° de Educación Primaria e os vales para a adquisición de material dende 1° ata 6° de Educación Primaria.

Publicación LISTAXE PROVISIONAL do Fondo Solidario de Libros de Préstamo e vales para a adquisición de libros de texto e material escolar

O vindeiro luns 1 de xullo publicaremos as listas PROVISIONAIS do Fondo Solidario de Préstamo de Libros de Texto dende 3° ata 6° de Educación Primaria. O prazo de reclamación destas listas é de dous días hábiles a partir da data da súa publicación.
Tamén entregaremos os vales para a compra de Libros de texto de 1° e 2° de Educación Primaria e os vales para a adquisición de material dende 1° ata 6° de Educación Primaria.

Listado libros de texto 2024 - 2025

Festival Fin de Curso 2024

O vindeiro venres, 21 de xuño ás 10.45 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.30 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Días non lectivos maio

Recordamos que segundo o calendario escolar fixado pola   Consellería de Educación,  os vindeiros venres 17 e  luns 20 de maio NON HABERÁ CLASES. A actividade lectiva retomarase o martes 21 de maio no horario habitual.

Cerebro e pantallas

Campaña cuestación 2024 Asociación Española contra o Cancro

Convocatoria axudas NEAE curso 2024/25

O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024. Tedes toda a información no arquivo que achegamos.

Recordatorio de realización do cuestionario

Estimada familia,

Dirixímonos a vostedes para recordarlles que o prazo para cubrir en liña o cuestionario de contexto das probas de avaliación de diagnóstico remata o 30 de abril de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut