Skip to Content

Complementarias

As fronteiras só existen nos mapas

Ao longo destes derradeiros meses implementamos dentro do noso centro a actividade de Innovación Educatica "Escola de Fronteira", na que traballamos co CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, o CE das Lagoas, do Agrupamento de Escolas de Arcoçelo e a EB1 de Ponte de Lima do Agrupamento de Escolas Antonio Feijoo nun proxecto titulado "Exploradores do Limia", no que prentendimos por en valor a flora e fauna que habita no noso río e iniciar o coñecemento dunha nova lingua estranxeira pero que nos é tan próxima como é o portugués.

Festival Fin de Curso 2024

O vindeiro venres, 21 de xuño ás 10.45 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.30 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Finalización actividades extraescolares curso 2023 - 2024

A partir do vindeiro luns 3 de xuño (incluído), finalizan todas as actividades extraescolares que se viñan realizando en horario de 15:15 ás 16.15, tanto as organizadas pola ANPA como polo propio centro,  polo que todo o alumnado sairá ou ben ás 14.00 (alumnado non usuario do servizo do comedor escolar) ou ás 15.15 (alumnado usuario do comedor escolar).

Desfile Infantil de Entroido 2024

 

Bases do concurso para escoller o cartaz para o Desfile Infantil do Entroido

 

Lugar de entrega dos traballos: O centro educativo no que estea matriculad@ o alumn@

Prazo de entrega dos traballos: 15 de xaneiro do 2024 ás 14.00h.

Actividade aula de estudo 2023 - 2024

A partir do vindeiro martes 3 de outubro, ponse en marcha a aula de estudo os martes, mércores e xoves en horario de 15.15 ás 16.15. Esta actividade está destinada á realización das tarefas escolares do día e ao reforzo educativo, baixo a supervisión do profesorado do centro. Para poder asistir a esta actividade deberán cumprimentar a solicitude que temos en Administración, que a alumna/o lla pida  á súa titora /titor ou descargala nesta mesma entrada.

Festival Fin de Curso 2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño ás 11.00 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.50 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Estamos entre os finalistas do concurso "Que es un Rey para ti" !!!

Este ano o noso alumnado da Aula Específica, coordinado polas súas mestras Elena e Estefanía, participaron no concurso "Que es un rey para ti". Esta é  á 42ª edición deste concurso escolar, organizado por FIES (Fundación Institucional Española), patrocinado pola Fundación Orange e dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros educativos de toda España.

Grazas ... !!!

(Fotografía de @PepeNocelojar)

Desfile Infantil do Entroido 2023

O vindeiro venres 17 de febreiro todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut