Skip to Content

Festival Fin de Curso 2024

O vindeiro venres, 21 de xuño ás 10.45 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.30 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).
O acceso para as familias será libre ao longo de todo o evento para facilitar que entredes e saiades unha vez que actúen @s vos@s fill@s. Este acceso realizarase pola cancela pequena que está situada en fronte da entrada ao ximnasio.


Sendo habitual que os propios proxenitores e familiares dos alumnos fagan fotografías e graven vídeos en eventos ou festivais, abertos ao público, nos que estes participan, debemos advertir  que nestes casos, en virtude do artigo 2.2c) do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) e do 2.2a) da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), estamos a falar de que a captación desas imaxes correspóndese, en principio, a unha actividade exclusivamente persoal e doméstica, e, por tanto, quedan excluídas da aplicación da normativa de protección de datos.
É altamente recomendable que o centro advirta aos asistentes aos eventos de que se poden gravar imaxes dos alumnos para a súa utilización exclusivamente persoal, familiar e de amizade.
Ademais, os pais e familiares han de ter en conta que, para publicar este tipo de gravacións na internet en aberto, deberán contar co consentimento de todos aqueles que aparecen nas imaxes, dos seus proxenitores ou titores se son menores de 14 anos.

As clases rematarán o 21 de xuño. Ese día funcionarán con normalidade os servizos de comedor e transporte sendo os horarios do centro os habituais.

Seguindo instrucións da Consellería de Educación, Ciencia e Universidades, as avaliacións finais realizaranse unha vez remate o periodo de clases, polo que as cualificacións da terceira avaliación e da avaliación ordinaria serán publicadas na plataforma ABALAR o vindeiro mércores, 26 de xuño, ás 09.00h.



book | by Dr. Radut