O próximo 11 de maio é o día da nosa Colecta e saímos á rúa co noso lema “Todos Contra o Cancro” para concienciar á sociedade sobre a importancia de que doen para impulsar a investigación en cancro e superar o 70% de supervivencia.
Grazas ao apoio da sociedade, a Asociación Española Contra o Cancro leva máis de 50 anos impulsando a investigación en cancro, é a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro e máis investigadores apoia. Pero para seguir aumentando a supervivencia necesitamos máis colaboración e visibilidade para incrementar o coñecemento da enfermidade e trasladar os servizos gratuítos que ofrece a Asociación.
Para colaborar con esta causa, a asociación colocará unha hucha no Edificio Administrativo do centro durante os días xoves 9, venres 10 e luns 13 de maio para que todas as persoas que así o desexen colaboren con esta asociación.