Skip to Content

Comunicación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros

 

O subcomité clínico adoptou a decisión de deixar de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios a partir do VINDEIRO LUNS, 21 DE MARZO DE 2022, logo de avaliar a situación epidemiolóxica e atendendo a grande porcentaxe de poboación pediátrica vacinada, cun 73,5% dos nenos con polo menos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde.

 

Isto significa que todo aquel alumnado que queira, poderá gardar a súa máscara nunha bolsa ou caixa durante o tempo de lecer, e deberá respectar a distancia de seguridade. Ao rematar o recreo e antes de subir ás aulas deberá colocarse de novo a máscara. Todo o alumnado deberá traer máscara de reposto e un estoxo para gardala.

 

O feito de que a Consellería deixe de recomendar o seu uso, non implica que todo aquel alumnado que así o desexe poida seguir facendo uso dela tanto nos espazos pechados (que sigue sendo obrigatorio) como nos espazos abertos (de uso voluntario a partir do luns).

Durante as clases de Educación Física será os mestres especialistas quen determinen en que circunstancias é obrigatorio o uso da máscara.



book | by Dr. Radut