Ola!
Esta semana ,os mestres Juan e Ana rétanvos... aceptades o reto ?
Para realizar este reto , precisades un chisco de coordinación , unha pizca de paciencia e unha morea de esforzo e superación...
Materiales :
- 44 folios ( podo aproveitar os reciclados )
-Lápis
- Cores ( para a etapa de infantil )
- Un reloxo
Seguindo o debuxo que vos enviamos, elaboramos , siluetas dos nosos pés e mans:
- 12 pés dereitos
- 12 pés esquerdos
- 10 mans dereitas
- 10 mans esquerdas
Comenza o reto , temos de 20 a 30 segundos, ( dependendo das idades) para completar a secuencia, comezando na saída para chegar á meta, colocando aa nosas mans e pés onde corresponde e avanzando de fila en fila.
Para a etapa de infantil , propoñemos dúas variantes :
- Man dereita , repasala cunha cor ( sempre a mesma) , repetimos coa outra man e cos pés, ollo cada un a súa cor.
- Poñemos dous elementos por cada fila ,en lugar de tres.
ÁNIMO CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_5705.PNG | 854.74 KB |
IMG_5703.PNG | 198.06 KB |