Skip to Content

ATENCIÓN: CAMBIOS NOS HORARIOS DE SAÍDA PARA O VINDEIRO VENRES 01/03 (DÍA DO DESFILE INFANTIL)

O vindeiro venres 1 de marzo todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro. O desfile sairá ás 11.00 co seguinte percorrido: CEIP Rosalía de Castro – Rúa Ladeira – Rúa San Roque – Rúa Constitución – Rúa da Igrexa - Avda. de Ourense – Avda. de Madrid – Rúa Rosalía de Castro – CEIP Rosalía de Castro. Ao rematar o desfile todo o alumnado do centro tomará chocolate con bica e galletas.

Ese día NON HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR e TODO O ALUMNADO DE XINZO DEBERÁ SER RECOLLIDO ÁS 14.00

O ALUMNADO DO TRANSPORTE ESCOLAR PERMANECERÁ NO CENTRO ATA ÁS 15.15, AGÁS AQUELES/AS PAIS/NAIS QUE DESEXEN VIR RECOLLER AOS SEUS FILLOS CON ANTERIORIDADE.

No caso de que as condicións meteorolóxicas impediran o desenvolvemento do desfile polas rúas de Xinzo, os pais/nais do alumnado poderán acceder ao centro ás 11.00 para facer fotos aos grupos do desfile, que baixarán ao patio cuberto que está ao lado do ximnasio en orde ascendente de cursos, é dicir, dende o alumnado de tres anos ata sexto curso.
Recordamos que, segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, non haberá clase os vindeiros 4, 5 E 6 MARZO pola celebración do Entroido e que as clases se reanudarán no seu horario habitual o XOVES, 7 de marzo



book | by Dr. Radut