Skip to Content

Novas

Recordatorio comezo de clases

Ante as consultas que se teñen dirixido a este centro, queremos recordar que, segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a actividade lectiva reanudarase no noso centro o vindeiro LUNS, 11 de XANEIRO DE 2021 no horario habitual. Un saúdo

 

Comezo do periodo das vacacións de Nadal 2020

 

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade o período de vacacións de Nadal comeza o vindeiro mércores 23 de decembro ata o xoves 7 de xaneiro ambos os dous incluídos. O día 8 de xaneiro tamén será non lectivo.

Notificación dun caso positivo por COVID no alumnado do centro

Distribución de máscaras para o alumnado de ED. PRIMARIA e ED. ESPECIAL

No día de hoxe vénse de publicar no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e Ed. Especial. De conformidade con dita Orde, TODO O ALUMNADO DESTAS ETAPAS que resultou beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR (non dos libros de texto), será beneficaiario directamente das máscaras.

Novo caso positivo confirmado no centro

Temos a confirmación dun novo caso positivo entre o noso alumnado. Xa foron tomadas todas medidas de confinamento necesarias seguindo as pautas marcadas por Saúde Pública.

 

Instruccións primeiro día de clase para o alumnado de Ed. Infantil de 4 e 5 anos

 

INSTRUCIÓNS PRIMEIRO DÍA LECTIVO

 

Guía COVID dirixida ás familias para o curso 2020 - 2021

Publicamos está Guía COVID para as familias onde poderes atopar todas as medidas que imos implementar para comezar este curso do xeito máis seguro posible. Recordade que calquera dúbida que teñades podedes dirixila a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es (levamos contestado máis de 50 correos electrónicos, e nós, encantad@s de solucionar as vosas inquedanzas) ou ao teléfono 988460480 en horario de 09:00 ás 14:00 en días lectiivos.

 

Listaxes de material escolar para os distintos cursos de Educación Infantil e Primaria

Aquí podedes atopar as listaxes de material que todo o alumnado debe adquirir.

Entrega de axenda escolar para o curso 2020/2021

Comunicannos que  a ANPA do centro este ano vai regalar ao alumnado de primaria (de 1º a 6º) unha axenda escolar de temática sobre a Igualdade. Será distribuida nas aulas nos primeiros días de clase.
Están a traballar noutro material que se entregará a todo o alumnado de Educación Infantil. Seguiremos informando.

Distribuir contido


by Dr. Radut