Skip to Content

Datos de interese: CEIP Rosalía de Castro - Xinzo de Limia

A T E N C I Ó N: Horario: Días lectivos de 9:00 ás 14:00

Publicación LISTAXE DEFINITIVA do Fondo Solidario de Libros de Préstamo e vales para a adquisición de libros de texto e material escolar

Maña, mércores 3 de xullo publicaremos as listas DEFINITIVAS do Fondo Solidario de Préstamo de Libros de Texto dende 3° ata 6° de Educación Primaria. Nesta listas aparece a relación de todos os libros que se prestarán ao comezo de curso a cada alumna/o.
Seguimos entregando os vales para a compra de Libros de texto de 1° e 2° de Educación Primaria e os vales para a adquisición de material dende 1° ata 6° de Educación Primaria.

Publicación LISTAXE PROVISIONAL do Fondo Solidario de Libros de Préstamo e vales para a adquisición de libros de texto e material escolar

O vindeiro luns 1 de xullo publicaremos as listas PROVISIONAIS do Fondo Solidario de Préstamo de Libros de Texto dende 3° ata 6° de Educación Primaria. O prazo de reclamación destas listas é de dous días hábiles a partir da data da súa publicación.
Tamén entregaremos os vales para a compra de Libros de texto de 1° e 2° de Educación Primaria e os vales para a adquisición de material dende 1° ata 6° de Educación Primaria.

Listado libros de texto 2024 - 2025

As fronteiras só existen nos mapas

Ao longo destes derradeiros meses implementamos dentro do noso centro a actividade de Innovación Educatica "Escola de Fronteira", na que traballamos co CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia, o CE das Lagoas, do Agrupamento de Escolas de Arcoçelo e a EB1 de Ponte de Lima do Agrupamento de Escolas Antonio Feijoo nun proxecto titulado "Exploradores do Limia", no que prentendimos por en valor a flora e fauna que habita no noso río e iniciar o coñecemento dunha nova lingua estranxeira pero que nos é tan próxima como é o portugués.

Festival Fin de Curso 2024

O vindeiro venres, 21 de xuño ás 10.45 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.30 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2024- 2025

O vindeiro luns, 3 de xuño de 2024 ábrese o prazo para presentar as solicitudes para ser usuario de comedor o vindeiro curso 2024 -2025. Este prazo rematará o vindeiro 3 de xullo. Teñen que presentar a instancia TODO O ALUMNADO INTERESADO, independentemente da súa situación actual (incluído o alumnado usuario de transporte)

Finalización actividades extraescolares curso 2023 - 2024

A partir do vindeiro luns 3 de xuño (incluído), finalizan todas as actividades extraescolares que se viñan realizando en horario de 15:15 ás 16.15, tanto as organizadas pola ANPA como polo propio centro,  polo que todo o alumnado sairá ou ben ás 14.00 (alumnado non usuario do servizo do comedor escolar) ou ás 15.15 (alumnado usuario do comedor escolar).

Días non lectivos maio

Recordamos que segundo o calendario escolar fixado pola   Consellería de Educación,  os vindeiros venres 17 e  luns 20 de maio NON HABERÁ CLASES. A actividade lectiva retomarase o martes 21 de maio no horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut