Iniciar sesión
SECRETARÍA
O Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, publicou recentemente tres Decálogos pola Igualdade LGTBI (Educación, familias e deporte). Facilitamos aquí o enlace en PDF os dirixidos a Educación e Familias. Olládeos.
Festival Fin de Curso 2024
admin — Dom, 23/06/2024 - 22:59
Todo o alumnado do colexio celebrou o final deste curso cun festival cheo de marcha e Rock 'n' Roll. Agora toca descansar e cargar as pilas para comezar o vindeiro curso 2024/2025 con forza, alegría, ilusión e enerxías renovadas.
Boas vacacións a tod@s!!!
Lapbook Proxecto Julio Verne
admin — Xov, 20/06/2024 - 19:58
O alumnado de 6º A de Educación Infantil rematou o "lapbook" que foron facendo ao longo de todo o curso para recopilar e resumir todo o aprendido sobre o proxecto de Julio Verne.
Recomendacións Lectoras Verán 2024
admin — Xov, 20/06/2024 - 13:44
A nosa compañeira Susana Castro levou a cabo este xoves, 20 de xuño, unha última e interesante charla co alumnado de 6º de Educación Primaria sobre o ciberacoso.
Actividade Diversidade e Inclusión
admin — Mar, 18/06/2024 - 10:05
O pasado xoves, 13 de xuño, a rapazada de Infantil desfrutou dunha sesión de contacontos e actividades coa temática do respecto as diferenzas, os corpos non normativos e a inclusión a cargo do CIM do Concello de Padrón.
Mural Día da Paz 2024
admin — Lun, 17/06/2024 - 19:54
O mural da Paz deste curso 2023-24 recolle diferentes aportacións de artistas contemporáneos que se expresan a través da arte nas rúas, graffitis, arte dixital… O que se pretende é promover unha reflexión ante diferentes conflitos armados que están sucedendo no mundo nestes momentos. Os artistas non están desconectados do mundo e queremos valorar a importancia das mensaxes que se transmiten a través das diferentes linguaxes artísticas e fomentar a expresión plástica, a creación, a libre expresión de ideas desde o respecto á diversidade, a xustiza e o pacifismo.
O lema In unity we believe, souls have no flags (que está perfectamente representado pola imaxe das dúas nenas abrazadas) é do dúo Lediesis. A imaxe da nena abrazando os seus xeonllos é da artista Shamsia Hassani. A palabra Peace/Please e as grietas da parede están tomadas de Dido. A nena que perde o globo é unha obra ben coñecida de Banksy. Toda a composición pretende facer visible a situación de inseguridade, a impotencia, o medo e a aniquilición que veñen da man dos conflitos armados, e quere reforzar a idea de paz e a crenza de que a través da arte pódense abrir os ollos das persoas e, mesmo, promover o pensamento crítico e, a partir de aí, xerar cambios.
Esta actividade, que se desenvolve ao longo de moitos meses, é un traballo en equipo no que moitos nenos e nenas do centro se implican. Mentres compartimos momentos cos pinceis falamos de moitas cousas e tamén así se crean lazos e se plantexan cuestións que invitan a reflexionar. É un traballo colectivo pero, ao mesmo tempo, cada participante pode facer unha viaxe propia a través das liñas, as cores, o movemento das mans e as percepcións a través da mirada.
"Non tomamos posicións políticas e non cremos que sexa fácil abordar o tema nun momento tan delicado", declaran a Euronews Culture, o dúo Lediesis. "O único que podemos facer é levar unha mensaxe de esperanza na oscuridade da noite".
E o que nós facemos cada ano é encher as paredes do patio de liñas e cores que transmiten mensaxes de paz.
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |