Skip to Content

AULA DE DIEGO

ÁLBUMES DE LOS NOMBRES

 

Xa rematamos a ALBUM  DO NOME. Como xa sabedes  polo Blogue co colexio cada libriño é o resultado de moitas actividades previas que fixemos todo o curso:  actividades de asamblea cos carteliños dos nomes,  actividades coa PDI…

XOANIÑA

Durante todo o curso a mascota "Juanita" acompañou aos nenos/as na actividade "Enseñar a pensar". Ca axuda dos maiores da escola cada un fixo unha xoaniña con material de reciclaxe. Este é o resultado:

ALBA CUMPLE 4 ANOS

O luns celebramos que Alba xa ten 4 anos. Trouxo da casa un biscoito mui rico que fixo a súa nai. Moita felicidades !

TEATRIÑO

Hoxe na clase de inglés houbo teatriño do conto" A princesa e a rá". Podedes ver a foto do decorado e xa iremos poñendo algunha fotiño dos nenos/as cas marionetas.

POESÍA PARA O MES DE XUÑO

O PEIZOQUE ROQUE

Hoxe rematos os actos do 25 aniversario do colexio cun obradoriro  da obra O Peizoque Roque  ( un paporrubio que come palabras e picotas) da autora Dores Tembrás. Tembrás ao rematar agasallóunos un Peizoque para a aula para que o vaiamos alimentando con novas palabras segundo vaiamos aprendendo a ler.

CALENDARIO XUÑO

HORARIO

SEGUIMOS CELEBRANDO

Hoxe Alba e Hadrián viñeron ataviados con bufanda e pantalón do Dépor para celebrar o ascenso. Podedes ver a foto na compaña de Papelote ca súa bufanda tamén.


XA ESTAMOS DE VOLTA

Hoxe tivemos un día un pouco "tolo" porque había moita ledicia polo asceso do Deportivoa  a división de honra. Algúns nenos viñeron cas camisetas do equipo. Papelote non quixo ser menos e puxo unha bufanfa do Dépor.

Distribuir contido


by Dr. Radut