Avións e barcos de papel.
Xa ides sendo grandes e hai que aprender cousas de nenas e nenos maiores: facer avións e barcos de papel!
Pedídelle axuda a mamá e papá e facédeos con folios usados, xornais ou revistas.
Cos avións podedes facer carreiras... Por exemplo: dende o mesmo lugar lanzades cada membro da familia o seu; logo medides (cun metro, con palmos, con pés,...) a donde chegou cada un, anotades e comparades.
Cos barcos podedes poñerlles nome (es escribilos no casco) e medilos e comparalos tamén (procurando sempre anotar cantidades).
Podedes facer mil competicións en familia; pero non esquezades anotar nun papel o nome dos participantes e a súa puntuación.
Veña, ánimo!!