CRECENDO XUNTOS, APRENDENDO PARA SEMPRE
Blogues
AS EXCURSIÓNS RELACIONADAS CO PROXECTO "A NOSA HORTA".
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:28O 23 de novembro, levamos o millo da nosa colleita ao muíño. Recibiunos Luisa, atendeunos de marabilla e, mentres acababa de moer, fomos visitar o fermoso lugar de Ribas Pequenas.
E poucos días despois recibiunos Manolo no Mazo de Penacoba. Unha visita onde puidemos aprender a forma tradicional de traballar o ferro para poder ter as ferramentas necesarias nunha sociedade agrícola e gandeira como segue a ser a nosa.
REMEMORAMOS DIFERENTES CONMEMORACIÓNS E ACTIVIDADES DA 1ª E DA 2ª AVALIACIÓN.
Enviado por Noelia o Ven, 27/05/2022 - 20:16Estamos rematando o curso e imos facer un alto no camiño para recordar algunhas actividades pasadas.
En Outubro celebramos no cole o Samaín e o tradicional magosto.
E Bhawna fixo obradoiros con todo o alumnado do cole explicándonos o "Diwali", festival da luz na India.
En novembro volvemos conectar coa científica galega Sonia Villapol e conmemoramos o "Día en contra da violencia de xénero".
En decembro participamos no concurso de carteis proposto por "Domus VI" polo "Día das persoas con discapacidade" e mandáronnos un fermoso crebacabezas.
Comezou o novo ano e celebramos o "Día da Paz" cun fermoso mural colectivo.
E chegou febreiro e celebramos o día da nosa querida Rosalía de Castro cantando o seu poema "O Moucho".
En marzo celebramos o "Día da muller" lembrado ás mulleres da nosa vidae poñendo os nomes de todas elas colgando en lazos morados na entrada do cole.
E tamén a "Semana da prensa" na que traballamos con xornais nas aulas.
E para rematar o segundo trimestre conmemoramos o "Día da saúde".
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022/2023
Enviado por Iria o Lun, 23/05/2022 - 21:14Do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 está aberto o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/2023.
Orde do 29 de maio de 2022 (DOG 18/05/2022)
A) Para todos os solicitantes:
- Copia do libro de familia ou equivalente (deben figurar todos os membros computables).
B) Casos especiais:
- Separación ou divorcio. (No que conste a atribución da custodia do/a menor).
- Discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade.
- Violencia de xénero: na forma que detalla o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
(Os documentos deben ser válidos no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2020)
No CEIP Rosalía de Castro- Bóveda, presentando dita documentación.
Ou a través da aplicación FONDOLIBROS.
NOVO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 EN CENTROS DE ENSINO
Enviado por Iria o Lun, 23/05/2022 - 20:08
NOVO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19 EN CENTROS DE ENSINO
O GALIÑEIRO ESTÁ LISTO PARA RECIBIR AOS PITIÑOS E A BIBLIOTECA CASE A PUNTO. (20 - 05 - 2022).
Enviado por Noelia o Ven, 20/05/2022 - 20:31E para rematar a semana, as familias viñeron dúas tardes a colaborar coa organización dos espazos do colexio.
O xoves rematouse o peche do galiñeiro e montouse a casiña de madeira para as pitas. O venres centrámonos na cartelería para indicar a ubicación dos libros na biblioteca.
Un intenso traballo en equipo que, dende o cole, agradecemos de corazón.
Unha aperta enorme!
ESTUPENDA SESIÓN DE CONTACONTOS E MÚSICA COA PROFE SARA E ÁLEX. (20 - 05 - 2022).
Enviado por Noelia o Ven, 20/05/2022 - 20:23Seguindo coas actividades do "Mes da Letras", puidemos gozar dunha divertida sesión de contacontos a cargo da profe Sara e o seu compañeiro de contos Álex.
Contaron e cantaron diferentes contos que deixaron ao noso alumnado marabillado!
Moitas grazas por vir e compartir con nós esta estupenda experiencia!
OS AUTORES DE "SUBNORMAL", MIGUEL PORTO E FERNANDO LLOR, VISITAN O NOSO COLE. (20 - 05 - 2022).
Enviado por Noelia o Ven, 20/05/2022 - 20:01
O 2 de maio conmemórase o día en contra do acoso escolar.
Nesta ocasión o C.E.I.P. Rosalía de Castro de Bóveda e o C.E.I.P. Ricardo Gasset de O Incio puxémonos en contacto cos autores da obra "Subnormal" baseada na historia de Iñaqui zubizarreta, ex-xogador de baloncesto que sufríu acoso escolar sendo neno.
Grazas ao traballo de artistas como Miguel e Fernando podemos poñer aos nenos e ás nenas en contacto con esta realidade ante a que cómpre estar alerta.
Moitas grazas pola vosa visita e por explicar tan ben ao noso alumnado o proceso creativo da banda deseñada!
Gustounos moito!
ALBA, A NAI DE CARLOTA, VEU AXUDARNOS A FACER UN ESPANTALLO PARA A HORTA. (19 - 05 - 2022).
Enviado por Noelia o Xov, 19/05/2022 - 22:41Dentro do proxecto "A nosa horta" no que contamos coa visita de todas as familias do alumnado de Infantil; hoxe tivemos con nós a Alba, a nai de Carlota, quen trouxo todos os materiais necesarios para facer un espantallo.
Despois dun proceso de creación colectiva, tocou poñerlle nome: o noso espantallo é unha espantalla e chámase Carlota.
Moitas grazas Alba por traernos esta estupenda actividade!
TORTA DE MILLO E BOLIÑOS NA CASA DA PROFE JULIA (18 - 05 - 2022)
Enviado por Noelia o Mér, 18/05/2022 - 22:24E despois de sementar o millo, velo medrar, colleitalo, degrañalo, levalo a moer e peneirar a fariña... o alumnado de infantil foi cocer ao forno.
Foi unha xornada moi especial onde puidemos ver a diferencia entre a fariña de millo e a fariña de trigo. Amasamos as dúas para facer a torta de millo e boliños preñados de chourizo.
Moitas grazas á avoa de María por aprendernos tantas cousas sobre o millo, a Sandra pola súa paciencia e bo facer coa masa de trigo e aos anfitrións Julia e David que nos acolleron na súa casa con todo o cariño do mundo. Un bico enorme!!!
Recitando poemas: A traxedia dos castiñeiros, de Florencio Delgado Gurriarán (Alumnado de 5º e 6º de Primaria).
Enviado por Bouso o Ven, 13/05/2022 - 13:33A traxedia dos castiñeiros, do poemario Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán (Editorial Nós, 1934) é o poema escollido polo alumnado de 5º e 6º para realizar este recitado, ao que lle poñen voz: Carlos, Luca, Alba, Mary, Javier, Diana, Santi, Hugo, Sara, Diego, Iago e Luis. O CEIP Rosalía de Castro en colaboración co Colectivo Lemos Le, leva a cabo esta actividade baixo a supervisión da coordinadora de biblioteca Noelia Maceda e coa colaboración da titora Sara Lebedinsky. Edición e montaxe Equipo TIC CEIP Rosalía de Castro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »