QUINTO TRABALLO INGLÉS 2ª QUINCENA MAIO
Hello, envío novo bloque de fichas. A data límite para mandalas sería o 29 de maio.Recomendo descargar as fichas e gardalas nunha carpeta no escritorio. Envíoas en dous formatos. Se non queredes imprimilas(non fai falta facelo en color), pódense facer desde o ordenador co formato Word.Unha vez feitas terían que gardar os cambios.En PDF terían que facela en liña a través de internet,(poñer en Google PDF en línea) e unha vez acabada tamén gardarían os cambios.Esta maneira é máis fácil( só necesita práctica ).Eu tamén estou experimentando, polo que ás veces as fichas que están en Word non están ben elaboradas.Estas son recomendacións, cada familia elixe como quere facer as fichas.
Os nenos/as que vos conectades por Skype recordade que as fichas son para facer nas conexións comigo e os que non se conectan tedes o correo electrónico para preguntar calquer dúbida.