DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
Todos os anos, o 2 de abril, polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, miles de edificios e monumentos icónicos de todo o mundo ilumínanse en azul como mostra de apoio e solidariedade co grupo de persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias.
Esta é a campaña internacional de sensibilización Light It Up Blue (LIUB), promovida por Autism Speaks á que se une o movemento asociativo do autismo en España.
Por outra banda, convidámosvos a saír aos vosos balcóns e asomar as vosas fiestras o xoves 2 de abril ás 21:00 horas para acender os nosos teléfonos móbiles e / ou lanternas xuntos como mostra de solidariedade ao colectivo TEA a través desta versión de Light It Up Blue, #LIUB para unirse desde casa, nos momentos nos que necesitamos luz e solidariedade, especialmente, as persoas máis vulnerables.