Skip to Content

blogue deadmin

O LUNS TEMOS PONTE

      Este luns temos ponte, polo que esperamos que disfrutedes da mesma. Voltaremos á actividade normal lectiva o vindeiro mércores, día 2 de maio. 

      Este día, o alumnado de 3º ciclo de Primaria asistirá á representación de dúas obras de teatro, na Casa da Cultura de Muros, dentro da VI Mostra de Teatro "Xosé Agrelo". As obras serán "Estación de autobuses" e "A casa encantada".

BRIGADAS VERDES

      Hoxe día 1 de febreiro, poñemos en marcha, por fin, o proxecto "BRIGADAS VERDES". Con este plan queremos contribuír ao mantemento do medio ambiente a través da limpeza no patio escolar. Cada día, durante os recreos, un grupo de alumnos e alumnas do centro, de diferentes cursos, velarán porque os patios estean libres de lixo, vixiando que os seus compañeiros e compañeiras non tiren nada ao chan. Se observan a alguén que o fai, acercaranse e, con educación e utilizando o contrasinal "Se a Terra limpa queres ver, a papeleira has de encher", pediranlle amablemente que o recolla e utilice os recipientes que temos para iso.

    Todos os días cambiarán os grupos, e todo o alumnado formará parte das "BRIGADAS VERDES", tendo para iso, un peto identificativo que vestirán, para ser recoñecidos inmediatamente.

DE VOLTA AO COLE

Pois Feliz ano a todos e todas. Voltamos á rutina do traballo.


Este ano 2012, ímolo a dedicar, no cole, ás Olimpiadas, aproveitando que se van celebrar en Londres. Son os XXX Xogos Olímpicos, e as datas de realización serán entre o 27 de xullo e o 12 de agosto.



FELIZ ANO NOVO

FELIZ ANO 2012

SEGUIMOS CO MERCADIÑO

        As cousiñas que non se venderon no mercadiño de Muros, estámolas vendendo no colexio, no noso MERCADO particular. Ademáis de colaborar con obras humanitarias, o noso alumnado estará mellorando a competencia matemática ao ter que manexar cartos, levar contabilidade do vendido e facer estatísticas do recadado. Durante tres días e por turnos, todo o alumnado poderá converterse en tendeiro.

VENTA NO MERCADIÑO SOLIDARIO

Representantes de todos os cursos de primaria do colexio, foron o pasado día 16 de decembro a Muros, para vender os seus obxectos no Mercadiño Solidario. Tiveron bastante traballo e venderon moito. Esperemos que fixeran boa recadación para Bolivia.


 


MARCAPÁXINAS CO DECÁLOGO LECTOR DO COLE

    

       Hoxe, distribuímos entre o alumnado uns marcapáxinas co "Decálogo Lector" elaborado no centro a partir das suxestións feitas polas familias, o curso pasado, sobre as dez mellores ideas para fomentar a lectura dentro do ámbito do fogar.

 

        Xunto con estes marcapáxinas, tamén levaron as recomendacións literarias que o equipo da Biblioteca "Mestre Agrelo" fai para estas vacacións de Nadal.

Distribuir contido


by Dr. Radut