Inglés-6º Educación Infantil (5 anos)
Esquema de temas
-
-
Hello everyone!!Nos seguintes enlaces atoparedes cancións e pequenas historias coas que os vosos fillos/as poden aprender Inglés dun xeito lúdico. É recomendable que as vexades xuntos e que interactuedes con eles para cantar, facer os xestos que requiran as cancións, que lles preguntedes o que entenden dos contos... A mellor maneira de aprender unha lingua é por imitación. E a mellor aprendizaxe para os nenos/as de E. Infantil sempre vai ser aquela na que gocen dos contidos a aprender e, especialmente, da vosa compaña na casa e a dos mestres/mestras no cole. Irei engadindo máis recursos que traballaremos ao longo do curso para que poidades acceder con regularidade e velos na casa.Un saúdo da mestra de Inglés
-
-
-
Nesta ficha interactiva deben marcar todo o que sexa de cor verde (GREEN). Cando rematen (Finish) , corrixen eles mesmos/as na opción: "Check my answers"(Comprobar as miñas respostas). Debaixo desta ficha aparecen outras similares nas que poden practicar outras cores.
-
Esta ficha é para practicar os números(1-10). Cando rematedes(Terminar), comprobade as vosas respostas (Check my answers) e mirade arriba a puntuación. Hay máis fichas similares na parte de abaixo.