O proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:
- Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
- 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
- Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 30 de xuño de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
- Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:
- Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación admisiónalumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:
- Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.
- Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
- Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:
- Fotocopia do DNI do alumno/a.
- Renda anual per cápita da unidade familiar (debe estar cuberto o apartado na solicitude. Só é necesario presentar documentación no caso de non consentir a consulta).
- Certificado de empadroamento.
- Para Bacharelato: certificación académica.
- E, de ser o caso, debe acompañarse de:
- Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.
- Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.
- Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais
- Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.
- Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.
- Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.
- Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
- Resolución da sentencia de separación.
Manual usuario admisiónalumnado
Na secretaría do Centro, teremos SOLICITUDES DE PRAZA a vosa disposición.