Skip to Content

CHEGOU O OUTONO A INFANTIL!

Coa chegada do outono, comezamos a investigar e descubrir unha chea de cousas desta estación. Primeiro decoramos entre tod@s a porta da clase coas cores do outono e tamén a porta de fóra con follas.

Pouco a pouco foron aparecendo froitas e froitos de outono como cabazas, figos, unha granada, noces, améndoas, abelás, castañas… probámolo todo e estaba moi rico!

E o mellor de todo é que quedan moitas cousas por descubrir.

Álbum: Curso 2022 - 23 -> Chegou o outono a infantil


album | by Dr. Radut