Skip to Content

CIRCULAR SOBRE O SAMAÍN

Imaxe: CEIP Ponte do Porto.

Co gallo da celebración do Samaín, faremos unha exposición de cabazas elaboradas polos nenos e nenas do colexio, ben na casa ou ben na aula (segundo decisión de cada titora).

Cada alumno entregaraa na súa titoría o luns, 30 de novembro.

Ese día, colocaranse nas mesas da entrada do pavillón II e a partir do día 2 de novembro devolveranse aos seus autores e autoras para que as leven para a casa (agás as que poidan quedar para a exposición de fin de curso de Voz Natura).

O nome do autor ou autora e o curso irá colocado debaixo da cabaza e oculto. O que si poderá ir á vista é o título que se lle queira poñer.

Un xurado outorgará premios segundo distintas categorías: a máis orixinal, a máis terrorífica, a máis elaborada, a máis Reciclaplástica (reciclaxe só con plásticos) e a máis coruñesa que serán entregados o día do Magosto (10 de novembro).

Animádevos a presentar a vosas obras terroríficas!!!

AVISO: non entrarán en concurso as que se entreguen fóra de prazo.



page | by Dr. Radut