Skip to Content

INSCRICIÓN COMEDOR/MADRUGADORES 2020/2021

Este curso 2020-2021, debido ás circunstancias especiais derivadas da situación xerada pola COVID- 19, as prazas de comedor poden verse reducidas para manter a normativa de distanciamento social esixida polas autoridades competentes.

Primeiro, para poder inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores é imprescindible cumprir estes requisitos:


1.- Estar ao día nos pagos con Scolarest (empresa que presta o servizo de comedor e madrugadores.

2.- Firmar a correspondente "Declaración responsable".

 

Partindo destas premisas, o Anpa decidiu unha serie de criterios para a inscrición no comedor que serán de aplicación sempre e cando o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas. 

 

Os criterios son os seguines e van pola orde que se indica a continuación:

 

1.- Ser socio do Anpa no curso 2020/2021.

 

2.- Necesidade de conciliación: que ambos titores ou un, no caso de familias monoparentais, teñan un horario de traballo que imposibilite a recollida dos nen@s ao mediodía. Marcarase no recadro correspondente do impreso de comedor e o Anpa poderá solicitar a documentación pertinente para verificación das circunstancias.

 

3.- Alumnado beneficiario de beca comedor.

 

4.- Resto de solicitantes. 

 

RECOLLIDAS: Este ano como novidade e para ter o menor número de nen@s xuntos, os nenos de Infantil e 1º de Primaria poderán saír ás 15:00 horas (avisando aos monitores de comedor). Os demais nenos sairán coma sempre ás 16:00 horas. 

 

SERVIZO "COMIDA PARA LEVAR": este ano tamén ofrecemos, como novidade a posibilidade de levar a comida do comedor para comer na casa, así evitamos que se xunten moitos nen@s no comedor. Se estades interesados poñédevos en contacto con nos no noso email anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

 

Premendo aquí descarga os prezos para os servizos de comedor e madrugadores.

O prazo para a presentación de solicitudes irá de 26 de agosto ao 4 de setembro.

A modalidade de presentación das solicitudes será preferentemente online (enviando a declaración responsable e o impreso de comedor cubertos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com) ou, como excepción, presencialmente os días 27, 28 e 31 de agosto de 10:00 a 12:00 horas na aula de pintura/plástica entrando polo portalón ao lado da escola infantil (gardería). Estará Tere para atendervos.

Como resumo, para poder inscribirse no comedor ou/e en madrugadores, tedes que seguir os seguintes pasos:

1.- Darse de alta no Anpa. Este ano o alta como socio do Anpa realizarase online premendo aquí.

2.- Facernos chegar a declaración responsable curberta e asinada. Podedes descargala premendo aquí.

3.- Facernos chegar o impreso de comedor ou/e madrugadores cuberto e asinado que podedes descargar premendo aquí.

Somos moi conscientes de que as medidas que nos estamos vendo obrigados a tomar non serán do agrado de moitos, pero o único fin é tentar ofrecer un servizo o máis seguro posible tanto para os nen@s como para os traballador@s que prestan os servizos. Son unhas circunstancias tan excepcionais que pedimos compresión e tentaremos facelo cos mellores criterios.



page | by Dr. Radut