Skip to Content

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Fly (2009), Great-OHARU.

Como xa sabedes, o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos, como nos libros, de... unha historia que contar, personaxes, lugares... e o temos todo.

Vós seredes os nosos personaxes; as historias, as temos nos libros; o lugar, o voso fogar, o xardín... e con todo isto, xa veredes a que montamos.

Só tedes que escoller un conto en galego, contárnolo, representalo sós ou coa vosa familia, o que mais vos apeteza. O enviades grabado nun vídeo ao enderezo de correo (ramonparis@edu.xunta.es) e colgámolos no blog, na páxina web do colexio e nas nosas redes sociais.

Esperamos con ilusión que nos contedes un conto galego que vos guste especialmente! Podedes empezar a enviar XA!

          



page | by Dr. Radut