CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23
Desde hoxe, 19 de maio, e ata o día 22 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (de acordo coa Orde do 29 de abril de 2022).
Poderás atopar toda a información:
- no portal da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros)
- e na aplicación de Fondolibros: (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderán presentarse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.
- Folla informativa.
- Resumo de prazos.
- Documentación necesaria.
- Solicitude: anexo I e anexo II.