LISTAXE PROVISIONAL DE CONCESIÓN E DENEGACIÓN DAS SOLICITUDES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR.
O 17 de xullo de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.
Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118
- Páxina web de servizos sociais
- Taboleiros dos centros cívicos municipais
As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.
O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Atentamente,
Bolsa comedor