Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

VOTACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - PROXECTO MESTRA DE OBRA - PATIO

VOTACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS:

Proxecto: Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

 

Os enlaces son os seguintes (en todas elas podédesvos rexistrar se non estades xa rexistrados):

- Para ir directamente a páx. de votación do noso proxecto:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4042

- Para ir ao distrito 7 e ver os proxectos presentados entre os cales está o noso:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments?heading_id=64

- Para ir á páx. web do concello dos orzamentos participativos:

https://nacorunacontas.coruna.gal/

 Estimada comunidade educativa:

Chegou o momento. Para que o proxecto de transformación do  patio sexa unha realidade de cara a toda a comunidade educativa e do barrio do que formamos parte, agora é cando temos que plasmar o noso apoio cun simple pero importante click votando a proposta.

En nome de toda a comunidade educativa solicitamos o voso apoio, a vosa forza para que este proxecto sexa unha realidade. Contamos contigo pol@s vos@s fill@s, por toda a comunidade educativa e polo noso barrio. Sen ti nada de esto será posible. Cada un de nós temos que facer que o necesario sexa posible e ademáis unha realidade.

“Os nenos e nenas non esperan, aprenden”, e cada un de nós, como adultos que formamos parte dun conxunto da sociedade, temos a responsabilidade de nós mesmos, dos nosos achegados, dos nosos veciños, do noso barrio e iso fai que teñamos que implicarnos aínda que sexa cun só voto.

Para participar podedes utilizar calquera dos enlaces expostos, lembrade que tedes que rexistrarvos, pero con todo, se vos tedes que rexistrar non vos levará máis de 3 minutos rexistrarvos e votar este proxecto.

Contamos contigo. Contamos con tod@s vós.

Grazas.

Unha aperta



story | by Dr. Radut