Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

AVISO ÁS FAMILIAS. USO DE MASCARILLAS NO EXTERIOR (Patios)

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

"O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España."

Polo tanto, o alumnado no tempo de lecer no patio levarán ou non mascarilla segundo as súas familias o decidan, e dende o centro, deixarase de recomendar o seu uso, simplemente, quen a queira levar a leva o quen non queira non a leva.

 

Grazas pola súa colaboración. Un saúdo.

A dirección.



story | by Dr. Radut