Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

4º PRIMARIA-18 MAIO

 

Ola! Todo ben? As titoras sin novidade.

Nesta semana imos darlle un repasiño ás matemáticas de cuarto. Para elo, ides facer este caderno que vos mandamos no que hai todo tipo de actividades explicadas neste curso e tamén no curso pasado. Cando o rematedes o mandades para que o corrixamos e si tedes alguna dúbida, xa sabedes, vos poñedes en contacto con nós e a resolvemos.

Tamén imos facer un traballiño de plástica. Escollede unha obra de arte que vos guste, facede a súa réplica e coloreádea igual que a orixinal. Buscade información sobre o autor e facede un breve traballo sobre a súa vida e a súa obra. Recordade que é importante buscar curiosidades desa persoa e da súa traxectoria. Mandámosvos algún exemplos, pero podedes buscar outras obras e outros artistas.

Enviámosvos tamén un vídeo que ten que ver coa actividade anterior. Esperamos que vos guste!

https://www.youtube.com/watch?v=UOAHwcOAc64

 

Ánimo e a por unha semana máis!

                Moitos bicos das vosas titoras.

                                              Begoña e Mª José.

 

AdxuntoTamaño
Caderno matematicas 4º.pdf612.15 KB
Exemplos obras de arte 4º.pdf389.13 KB


page | by Dr. Radut