Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

Estimadas familas:

Informamos das datas de publicación das listaxes provisionais e definitivas de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 1 de xullo.
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 2 e 3 de xullo (secretaría do centro).
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS: 4 de xullo.
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL 4 de xullo (11:30 A 13:30H) e 5 de xullo (10:00 A 13:00H)

 

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da entrada do centro.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse os día 3 e 4 de setembro na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:30 horas.

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

 

Estimadas familias, no documento adxunto (ou premendo na imaxe) teñen a relación dos libros de texto seleccionados para o curso 2024/25.

Non esquezan consultar o apartado de observacións.

Grazas pola súa atención.

Saúdos,

A Dirección

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 24-25

Benqueridas familias,

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 28 de xuño, aportando a documentación requerida:

-Impreso matrícula.

- Impreso lingua materna (soamente alumnado de 4º Educación Infantil).

- Autorización actividades complementarias e dereitos de imaxe.

- Solicitude de transporte escolar.

Os impresos necesario están adxuntos nesta publicación.

 

O HORARIO para formalizar a matrícula será:  

20 de xuño: 9:30 h. a 11:30 h. e de 12:00 a 13:30 h.

21 de xuño: por mor da festa de final de curso o horario de atención será de 13:15 h. a 14:00 h.

25 ao 28 de xuño: 9:30 a 13:30 h.

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2024/2025

Estimadas familias:

Comunicámoslles que, as familias que o precisen, deben cubrir a folla de solicitude de autorización de uso de transporte escolar gratuíto (adxunto nesta publicación).

O prazo para presentar dita solicitude, pregamos sexa como moi tarde o venres 21 de xuño de 2024.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Saúdos,

O Equipo Directivo.

APERTURA PRAZO SOLICITUDE FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

Hoxe, 21 de maio, a Xunta de Galicia abriu o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria. O prazo remata o 21 de xuño.

Podedes presentar as vosas solicitudes de xeito telemático ou presencialmente na secretaría do centro. O horario de atención ao público no centro é 9:30 a 11:15 e de 12:15 a 13:30 de luns a venres e os luns pola tarde de 16:30 a 18:30.

Podedes descargar o formulario de solicitude nos seguintes enlaces:

Solicitude fondo libros e axudas material escolar.

- Orde de convocatoria.

DERRADEIRO MANDADIÑO

CUARTO MANDADIÑO

TERCEIRO MANDADIÑO

SEGUNDO MANDADIÑO

PRIMEIRO MANDADIÑO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut