Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ENTREGA LIBROS DE TEXTO CURSO 22/23

AVISO ÁS FAMLIAS

Estimadas familias...

infórmaselles que a entrega dos libros de texto realizarase unha vez comezadas as clases.

O motivo é a demora na entrega dos mesmos por parte das editoriais.

Avisarase das datas e horas da súa entrega.

Grazas.

 

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias, 

As reunións de comezo de curso, para a etapa de Educación infantil, serán na biblioteca do centro os seguintes días:

- LUNS 5 DE SETEMBRO: 4º EDUCACIÓN INFANTIL ás 10:00h.

- MARTES 6 DE SETEMBRO: 6º EDUCACIÓN INFANTIL ás 12:00h

- MÉRCORES 7 DE SETEMBRO: 5º EDUCACIÓN INFANTIL ás 12:00h.

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL BECAS COMEDOR MUNICIPAIS 2022

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2022-2023

 

12 de xullo de 2022

Co rogo da súa difusión:

Onte 11 de xullo de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña,a listaxe provisionalde concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023.Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica;jsessionid=DB03E1E0FAFFEE3F7C24BB2F1A516520?method=view&id=16078

-          Páxina web de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-22-23-propuesta-provisional/suceso/1453806145491

 

-          Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

 

O prazo para a presentación das alegacións éde 10 días hábiles, do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágorae Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Atentamente

Bolsa comedor

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/20223-CORRECCIÓN DE ERROS

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022/2023

CORRECCIÓN DE ERROS 1/6/2022

Estimadas familias..

no documento anexo teñen a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022/23 por niveis. SUBSTITÚE ESTA LISTA A ANTERIORMENTE PUBLICADA.

Presten especial atención ao apartado de observacións.

Grazas.

A Dirección.

CONVOCATORIA DD AXUDAS ALUMNADO NEAE CURSO 2022/23

CONVOCATORIA DD AXUDAS ALUMNADO NEAE CURSO 2022/23

No día de hoxe, mércores 18 de maio, publicouse no BOE a CONVOCATORIA DE AXUDAS para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o vindeiro curso 2022/2023. Neste enlace pódese acceder a dita convocatoria https://www.boe.es/boe/dias/2022/05/18/pdfs/BOE-B-2022-15578.pdf

Estamos agardando a que remitan instrucións do proceso mais cabe destacar que o período do prazo de presentacións iníciase desde este momento e abrangue ata o 30 de setembro de 2022.

Toda a información e tramitación destas axudas atópanse nos seguintes enlaces:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/artisticas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 

PUBLICACIÓN DE LISTAS E PROCEDEMENTO

A Coruña, a 29 de xuño de 2022

Estimadas familas:

 Segundo o establecido na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/5/22), informámoslles que..

1. Hoxe mércores, 29 de xuño de 2022 procédese á PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, que poderán consultar no taboleiro de anuncios do centro en horario das 9:00h ás 14:00h.

2. As datas para facer calquera reclamación á mesma, serán o xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo en horario de secretaría.

3. Resoltas as posibles alegacións, a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS publicarase o luns, 4 de xullo de 2022 no taboleiro de anuncios do centro.

4. Os VALES CHEQUE para as solicitudes admitidas, entregaránse o 5 e 6 de xullo (martes e mércores), en horario de secretaría das 9:30h ás 13:30h.

5. Os vales que non sexan recollidos nesas datas, poderán ser recollidos no mes de setembro, os días 2 e 5 de setembro na secretaría do centro en horario de 10 a 13:00h. (aconsellamos comunicalo ao centro vía mail).

Saúdos.

A Dirección.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA CURSO 2022/2023

PROCESO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 22/23

A Coruña, a 16 de xuño de 2022

Estimadas familias:

seguindo co proceso de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2022/23, lémbraselles que:


O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

Deberán traer os documentos anexos cubertos para formalizar dita matrícula.

Agardando por vds, reciban un cordial saúdo.

A Dirección

 

CONVOCATORIA BOLSAS MUNICIPAIS COMEDOR CURSO 2022/2023

 

Convocatoria Bolsas Municipais Comedor curso 2022/2023

 

13 de xuño de 2022

Co rogo da súa difusión:

 

 

Hoxe 13 de xuño de 2022 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña,a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023. Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictoshttps://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=15878

-          Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/publicacion-del-listado-de-requerimientos-de-subsanacion-de-beca-comedor-convocatoria-2022-2023/suceso/1453803150365

 

A listaxecos requirimentos deemenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro de entrada da solicitude inicial e ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

 

O prazo para a presentación da documentación requirida édo 14ao 28 de xuño, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

 

Atentamente,

 

Bolsa Comedor

TRANSPORTE ESCOLAR 2022-2023

A normativa vixente para o servizo de transporte require a súa solicitude cada ano.

PRAZO de solicitude para que o alumnado do centro poda facer uso do transporte escolar durante o curso 2022-2023 estará aberto entre o 13 e o 18 de xuño, ambos inclusive.

Unha vez cubertas e asinadas as solicitudes poden ENTREGARSE a cada titor ou titora ou ben na secretaría do centro.

Os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería do centro ou descargar o impreso que se adxunta.

A listaxe de alumnado admitido no servizo de transporte publicarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas.

O alumnado de nova incorporación poderá solicitar o transporte no momento de formalizar a matrícula.


Un saúdo, 

O Equipo Directivo

CAMPAMENTOS URBANOS EN CENTROS CÍVICOS MUNICIPALES

 

Se informa de los Campamentos Urbanos que van a tener lugar en los Centros Cívicos Municipales durante los meses de julio y agosto y primera semana de septiembre

 

En horario ampliado de 9:00 a 14:30 en los  Centros Cívicos Municipales del Castrillón, Ciudad Vieja, Eirís, Elviña, Labañou, Mallos, Nuevo Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales y San Diego.

 

En horario general de 10.00 a 14:00 horas  en las dos quincenas del mes de julio en los Centros Cívicos deSanta Margarita, Feáns, San Pedro de Visma, A Silva,Artesanos, Sagrada Familia, Santa Lucía y Pescadores

 

TURNOS

 

TURNO 1:  DEL 1 AL 15 DE JULIO DE 2022

 

TURNO 2: DEL 18 AL 31 DE JULIO DE 2022

 

TURNO 3 : DEL 1 AL 15 DE AGOSTO DE 2022

 

TURNO 4: DEL 16 AL 31 DE AGOSTO DE 2022

 

TURNO 5: DEL 1 AL 7 DE SEPTIEMBRE DE 2022

 

Están dirigidos a  niños y niñas nacidos desde el 1 de enero de 2010 al 31 de diciembre de 2018. Se ofertan plazas para menores con diversidad funcional

 

Preinscripción 1, 2 y 3 de junio de dos maneras:

 

a) Vía telemática en : coruna.gal/campamentos2022

 

b) O bien por teléfono llamando a los siguientes números en horario ininterrumpido de 8:00 a 20:00 horas

 

LINEA 1: 624 688 250

 

LINEA 2: 624 688 243

 

LINEA 3: 662 468 216

Enlace páx. web: https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/agenda/campamentos-de-verano-2022

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut