Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFORMACIÓN CRISE CORONAVIRUS

Como xa coñeceredes a través dos medios de comunicación a información ofrecida polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente  o vindeiro luns día 16 de marzo e durante 14 días.

Maña venres 13 de marzo, o centro permanecerá aberto aínda que a asistencia non é recomendada. Serán as familias as que decidan a asistencia.

A Consellería de Educación acaba de publicar no portal educativo as seguintes medidas:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ADMISIÓN 2020-2021

 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 1 AO 23 DE MARZO NA SECRETARÍA DO CENTRO EN HORARIO DE 12:00 A 14:00 HORAS.

O impreso de solicitude  poderá recollerse na conserxería, na secretaría do centro ou descargarse na páxina web (ANEXO II). Tamén poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, dentro do portal da Consellería de Educación, ou descargalo e cumprimentalo de forma manual polas familias.

As familias poden consultar a información relevante respecto á admisión para o vindeiro curso premendo aquí e consultar a resolución do resultado do sorteo anual das letras de admisión 2020 no documento adxunto.

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º NO IES OTERO PEDRAYO

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA DESTE CENTRO

   De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

    1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.

   2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

   3. As familias que no vindeiro curso 2020-21 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 1 e 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013).  O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao titor/a. 

Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

   4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

   5. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo

MATRÍCULA 2019-2020

 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro, do 20 ao 30 de xuño (de 12:00 a 14:00 h), aportando a documentación requerida.

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida. (art. 40.2a e 40.3).

Documentación a presentar:

ADMISIÓN 2019-2020

 O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso 2019-2020, será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. 
 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

RESOLUCIÓN RESULTADO SORTEO LETRAS ADMISIÓN

ANEXO II: FORMULARIO ADMISIÓN

 

PROFESORADO CURSO 2022-2023

 

EQUIPO DIRECTIVO:

Director: Francisco Mourelo Barreiro.

Xefa de Estudos: Ruth Palomar Fernández.

Secretaria: Laura Martínez Pan.

 

TÍTORÍAS:

  • Educación Primaria

1º EP-A: María Isabel Ansede Ogando.

1º EP-B: Silvia María González Villares.

2º EP-A: Ana Chouciño Garrido.

2º EP-B: Pablo Reimúndez Castiñeiras.

3º EP-A: Alejandra López López.

3º EP-B: David Guiu Blade.

4º EP-A: María José Reija Martul.

4º EP-B: Pilar Ojea Montes

5º EP-A: Inés Álvarez Fernández

5º EP-B: Laura Rodríguez Calderón.

6º EP-A: Marta Lorenzo Cousillas.

6º EP-B: Inés Cruz Coello.

 

  • Educación Infantil

4º EI-A:  Iria Pais Filgueira.

4º EI-B:  Sarai Chaudarcas Montes.

5º EI-A: Ruth Palomar Fernández.

5º EI-B: Rebeca González Antelo.

6º EI-A: Lidia Fuentes Naya.

6ºEI-B: Marta Méndez Guerras.

 

Apoio en Educación Infantil: 

           Carmen Pailos Montáns.

         Margarita Canosa Prego.

 

MESTRES/AS ESPECIALISTAS:

Laura Somoza Louro: Lingua Estranxeira (Inglés) 5º e 6º Ed. Infantil e 2º-4º-6º Ed. Primaria.

Carina Gloria Gradaille Camba: L. Estranxeira (Inglés) 4º Ed. Infantil, 1º-3º-5º Ed. Primaria, e plástica bilingüe en 1º de primaria.

María Teresa Rodríguez Álvarez: Educación Musical

Paz Santiso Andrade: Educación Física en 1º-2º-3º-4º-5ºA Educación Primaria.

Marta Lorenzo Cousillas: Educación Física en Educación Infantil e 5ºB e 6º de Educación Primaria.

Mª Jesús Gantes Pazos: Relixión Católica.

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:

Juan Ignacio Castro Rivas: Orientador.

Carmen Castro Vázquez: Pedagoxía Terapéutica

Cecilia María García Ares: Pedagoxía Terapéutica.

Laura Martínez Pan: Audición e Linguaxe.

María Emiliana Russi Cabalar: Audición e Linguaxe.

Novo proxecto :O son do mar

NOVO BLOG - BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere estar máis preto de vós e para iso creou o blog: www.edlgramondelasagra.blogspot.com . Este irase actualizando coas actividades que realicemos ao longo do curs.
Agardamos que sexa do voso interese!

 

II EDICIÓN - XUNTARTE: XUNTOS POLA ARTE

   O derradeiro venres, día 27 de xaneiro, o IES da Universidade Laboral de Culleredo, acolleu ao alumnado de 4º e 6º cursos de educación primaria do noso centro; participando  xunto ao alumnado doutros seis centros educativos públicos da nosa cidade da Coruña, na realización da II Edición de Xuntarte: Xuntos pola arte".

   Para conmemorar colectivamente o Día da Paz e a Non Violencia.  Realizaron Danzas do mundo, coros e interpretacións instrumentais, que amosaron aos asistentes a calidade artistica dos catrocentos corenta alumnos e alumnas participantes.

 

A PREHISTORIA

 Cliquea na imaxe para visualizalo.

Este ano o noso colexio retrocedeu no tempo, para achegarnos ao estudo da Prehistoria.

  Construimos unha gran cova na sá de xogos de infantil, copiamos e creamos novas pinturas rupestres, disfrazámonos con traxes desa época, realizamos vídeos e power-points das características da etapa, murais, lecturas e mil cousas máis.

  A participación de todos os membros da comunidade educativa foi moi salientable e todos disfrutamos moito coa súa realización.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut